Diante da información dos colapsos das urxencias en numerosos hospitais públicos e a reiteración das declaracións pola Conselleia de Sanidade e do SERGAS culpabilizando do desastre da Atención Primaria á falta de médicos e ao Ministerio de Sanidade, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- As Comunidades Autónomas, como Galicia, teñen transferidas desde hai anos todas as competencias para o financiamento, creación e organización dos centros de saúde e hospitais, planificación do persoal e das súas condicións laborais, establecemento do modelo sanitario en Atención Primaria e hospitais, etc., etc.
2.- A falta de persoal médico é atribuíble aos recortes para reducir gasto público que supuxeron a amortización das prazas por xubilación, á precariedade laboral que favorece que o persoal formado en Galicia polo Sistema MIR fuxa aos hospitais, á privada e a outros países que garanten estabilidade laboral e mellores condicións: Mais da metade do persoal medico é provisional e a que as ofertas de prazas tardaron anos en convocarse. Un cambio na política de persoal permitiría recuperar para a AP a boa parte do mesmo.
4.- Os peches de Centros de saúde, de servizos de pediatría extrahospitalaria e de PAC, as listas de espera que superan a semana ou a hexemonía da consulta telefónica, obriga á poboación enferma a acudir ás urxencias hospitalarias como ultimo recurso para ser atendida.
3.- A falta de persoal médico nos Centros de Saúde, especialmente de pediatría e a masificación das consultas, é a consecuencia de manter un modelo de Atención Primaria obsoleto centrado na consulta medica (máis do 80% da demanda), que atende unha gran burocracia e problemas de saúde que corresponden a outras categorías profesionais como enfermería, matronas, psicoloxía, fisioterapia, asistencia social, logopedia, atención temperá,… dos que existen un gran déficit. Incorporar este persoal aos Centros de Saúde liberaría tempo nas consultas medicas, reduciría sufrimento e medicación innecesaria e permitiría atender adecuadamente as demandas de atención da poboación.
5.- As propostas para un novo modelo, acordado cos diferentes grupos profesionais, levan anos nun caixón da Conselleria de Sanidade.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
- El SERGAS reconoce en vía administrativa una indemnización de 220.000€ a favor de la viuda e hijas del paciente fallecido.
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma