Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Xuventudes Socialistas: “O PP censura a historia do galego ao puro estilo franquista da época que omiten”

Información
19 Octubre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir 2218 votos

As Xuventudes Socialistas criticaron a circular da CIUG na cal se sinala que “as preguntas sobre a historia da lingua centraranse no galego despois da súa oficialización en 1981” do Bloque 1 do exame da ABAU

Manav Gambhir, secretario de galeguismo de XSG, enfatizou que “non podemos permitir que os netos dos que discriminaron ao galego durante o franquismo, pretendan, agora, borrar e facernos esquecer o noso pasado”

Elena Cordero, secretaria de educación de XSG, cuestionou o compromiso do PP co galego: “o primeiro que fixo Feijóo ao chegar á Xunta foi un decreto lingüístico para borralo da ensinanza; despois, matar Xabarín Club e, agora, Rueda quere arrancalo das páxinas da nosa historia”

Santiago, 18 de outubro de 2023


As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) criticaron a circular da CIUG na cal se sinala que “as preguntas sobre a historia da lingua centraranse no galego despois da súa oficialización en 1981” do Bloque 1 do exame da ABAU de Lingua e Literatura galega.

Para organización estase a asistir á derradeira ocorrencia do PP en materia lingüística no país, pouco tempo despois de non ter apoiado o uso galego nas Cortes Xerais, e nun intre onde cada informe da RAG é máis demoledor ca o anterior, en canto o contexto social do uso

do galego se refire.

Manav Ghambhir, secretario de galeguismo de XSG, enfatizou que “non podemos permitir que os netos dos que discriminaron ao galego durante o franquismo, pretendan, agora, borrar e facernos esquecer o noso pasado”.

Elena Cordero, secretaria de educación de XSG, cuestionou o compromiso do PP co galego: “o primeiro que fixo Feijóo ao chegar á Xunta foi un decreto lingüístico para borralo da ensinanza; despois, matar Xabarín Club e, agora, Rueda quere arrancalo das páxinas da nosa historia”.

Ámbolos dous coincidiron no feito de que o PP está obsesionado con censurar a historia de Galicia, a dos féridos e escuros fronte a dos bos e os xenerosos, ao puro estilo franquista da época que omiten con esta medida. “Para eles o idioma segue a ser unha cuestión de clase” sentenciaron.

También te puede interesar :

Artículo más reciente :

Del mismo redactor :

social youtube xornalgalicia   feed-image