Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Verdegaia ante o informe demoledor do Consello da Cultura Galega sobre o impacto do eucalipto no patrimonio natural e cultural

Información
20 Septiembre 2023 - Hoy es noticia 2879 votos - Correo electrónico - Imprimir

 

O Consello da Cultura Galega, a petición de varias entidades ecoloxistas e sociais, realizou este Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de Galicia, como xa tiña feito neste outro sobre a enerxía eólica e as paisaxes culturais.

No relatorio non deixa lugar a dúbidas do importante impacto que ten o monocultivo do eucalipto sobre o noso ambiente e tamén sobre as paisaxes culturais entendendo por isto a cultura, a língua, o patrimonio histórico-artístico e etnográfico, a paisaxe e os usos tradicionais asociados ao uso da terra.

O informe recoñece o avance indiscriminado do eucalipto principalmente sobre terrenos de outros usos forestais e agrícolas e a necesidade de realizar estudos de impacto ambiental sobre as plantacións para evitar a perda da biodiversidade e de destrución do patrimonio.

Como temos manifestado desde sempre, tanto Verdegaia como o resto do movimento ecoloxista e moitas entidades sociais, demandamos unha política forestal que non confunda as plantacións de monocultivos de especies exóticas, como o eucalipto, que provocan a perda da biodiversidade, con bosques saudábeis e diversos de especies autóctonas.

O último Plan Forestal da Xunta vén de confirmar a expansión indiscriminada do eucalipto frente ao que se demandaba no anterior plan. A superficie destinada a eucalipto tense superado hai moitos anos e mesmo o Inventario forestal continuo, aínda en elaboración, pero do que se ten presentado xa parte dos traballos a comezos de xullo, fala de que entre a superficie de masas continuas e de masas mixtas o eucalipto ocupa máis de 450.000 ha. O informa do CCG fala do grande incremento dos últimos anos que leva a que sexa unha masa practicamente contínua deste monocultivo en toda a franxa marítima desde A Guarda até Ribadeo e expandíndose mesmo en terrenos onde até hai pouco non había como A Terra Chá ou a Ulloa.

É importante salientar tamén a expansión do eucalipto en áreas naturais protexidas como o Parque Natural das Fragas do Eume, entre outras, e os poucos esforzos que a Xunta está a facer para impedir a súa expansión ou a súa eliminación nestas áreas protexidas como tamén recoñece o informe do CCG e que os grupos ecoloxistas hai anos que denunciamos.

A isto hai que sumar informes previos realizados por outros organismos científicos que xa demandaban a inclusión do eucalipto entre as especies exóticas invasoras perniciosas para o ambiente e que recomendaban a súa reduciión en extensión e eliminación, como o realizado polo Comité de Flora y Fauna Silvestres do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente en 2012: Consulta sobre el carácter invasor y potencial peligrosidad de la especie exótica Eucalyptus nitens, en cuanto a su cultivo y su comercialización.

A Xunta indica, na nota enviada á prensa onte mesmo a raíz deste informe, que o valor económico do eucalipto é tan importante que se pode permitir desoir calquera recomendación científica que fale do control da plantación desta especie. Como se o valor "económico" fose o único valor que o seu impacto ten sobre o territorio sen contar o valor "económco" que ten vivir nun ambiente saudábel e a posta en valor do territorio para o uso e desfrute dos seus habitantes actuais e das xeracións futuras. Sen ter en conta o impacto sobre a destrución do noso patrimonio natural e cultural e sobre o custe asociado de xestionar os grande incendios que estas masas de monocultivos provocan.

As recomendación do CCG sobre necesidade de planificar e organizar o territorio, delimitar áreas, realizar estudos de impacto ambiental, controlar esta expansión indiscriminada, desenvolver as leis, ter ferramentas de control sobre as superficies plantadas así como controlar a súa expansión e desenvolver ferramentas de penalización de usos ilegais, son asumidas por Verdegaia e deberían ser implementadas pola administración da Xunta de Galicia máis alá das presións de ENCE e do lobi madeireiro.

Verdegaia participa na loita contra a expansión do eucalipto e de outras EEI a través das Brigadas Deseucaliptizadoras que desde 2018 levan realizando acción de deseucaliptización e desacaciación en varios puntos do país en colaboración con comunidades de montes e outras entidades privadas como empresas e fundacións. Neste ano 2023 levamos adiante a campaña "12 meses, 12 invasoras", que procura chamar a atención sobre as especies exóticas invasoras que están expandíndose no noso país.

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal