Cerdedo pola Sanidade Pública
Conseguimos recuperar o Servizo de Matrona no Concello de Cerdedo-Cotobade, Atención Primaria, vixiada constantemente, vai funcionando, o peor é Pediatría. Estamos moi mal. 3 días de consulta nomes no Centro de Tenorio e 1 día á semana en Forcarei. Unha vergoña!
Seguimos enviando escritos á prensa e presentando reclamacións ao SERGAS.
Temos unha cita co Xerente de Pontevedra o día 26 de setembro. Tamén reclamamos Servizo de ambulancia medicalizada no PAC de Cerdedo.
O Sergas recoñece que en Vigo faltan fisioterapeutas e contrata una clínica privada para atender pacientes da publica. Prevé gastar 400.000 euros en dous años para pacientes de atención primaria.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2023/09/09/sergas-reconoce-vigo-faltan-fisioterapeutas-contrata-clinica/0003_202309V9C3991.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=0003_202309V9C3991
A Voz do Paciente de Cangas
? DE NOVO ESTE SÁBADO 16 DE SETEMBRO
As asociacións de veciños do Hío convocan unha concentración ás 11:00h diante do consultorio para exixirlle ó Sergas a súa reapertura e a construción do centro de saúde nos terreos do Viso cedidos dende o 2012 á Xunta de Galicia
ACUDE E PARTICIPA ‼
? POR UNHA ATENCIÓN PRIMARIA DIGNA
?PARA DEFENDER A SANIDADE PÚBLICA
? POLA REAPERTURA DO CONSULTORIO
?POLA CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE NOS TERREOS DO VIS
Marcha Mundial das Mulleres
La CN de la Marcha Mundial das Mulleres está pensando hacer el 28 Día da Acción Global polo Dereito a Aborto concentraciones delante de hospitales del Sergas
POVISA
O Sergas prorroga outro ano o Concierto Singular de Povisa coa multinacional propietaria e abre o prazo de cambio de hospital. E o segundo e último que pode extenderlo
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/09/07/sergas-prorroga-ano-concierto-povisa-91785004.html
https://www.eldiario.es/galicia/canon-hospital-vigo-feijoo-dejo-pendiente-pago-subira-20-millones-euros-anuales-inflacion_1_10506610.html
Hospital Alvaro Cunqueiro: O SERGAS pagará un 30% mais a concesionaria
O canon polo hospital de Vigo que Feijóo deixou pendente de pago subirá 20 millones de euros anuais pola inflación. O contrato entre a Xunta e a Concesionaria (en mans de multinacionais e fondos de inversión) que construiu o hospital Álvaro Cunqueiro, previu ca cuantía máxima revisarase de acordó co IPC , o que supon un encarecimiento de casi un 30% respecto a cantidade inicial
O Feijóo o mentireiro criticou fai tempo aos políticos que inaguran hospitais non pagados, como o que abriu el mesmo en Vigo (a pagar en 20 anos)
https://www.eldiario.es/galicia/canon-hospital-vigo-feijoo-dejo-pendiente-pago-subira-20-millones-euros-anuales-inflacion_1_10506610.html
REDE (Federación Galega de Asociación de Familiares e Usuarias das Residencias e da Dependencia):
Comunicado urxente das familias das usuarias de residencias ante a comparecencia desta mañá da conselleira de política social no Parlamento
? As familias e as usuarias das residencias pedimos a dimisión da conselleira de Política Social ante as mentiras e as ridículas razóns dadas esta mañá no Parlamento de Galicia tras as acusacións de inspectoras e inspectores de servizos sociais que a sinalan directamente como responsábel de procedimentos internos que facilitan os chivatazos ás residencias investigadas ou inspeccionadas, asunto dunha gravidade absoluta. A comparecencia da conselleira no Parlamento esta mañá provocou un bochorno especial entre as usuarias e familias, que xa mostramos nas rúas de Galicia en 2020 nosa convicción de que desde Política Social avisábase a varios grupos de empresas de que as súas residencias serían inspeccionadas en datas próximas para que estivesen preparadas para sortear positivamente o labor inspector... de feito en varias ocasións, desde REDE denunciamos ante altos cargos de Política Social as datas concretas e residencias onde se levaron a cabo estas prácticas corruptas... A conselleira de Política Social minte especialmente ao negar que existisen denuncias neste sentido, cando os chivatazos eran de coñecemento amplo por parte dos principais actores do sector, non só das inspectoras que agora o denuncian en público:
? "Sempre soubemos destas prácticas corruptas gravísimas, dixémolo en comunicados, dixémolo nas rúas, e dixémolo nas instancias pertinentes... eu, persoalmente, din datas e residencias a dous directores xerais de Política social durante a pandemia... que se fixo? nada... ao contrario, perseguir á persoa denunciante... coaccionar e ameazar, como agora se fai de novo dende a consellería contra os inspectores e inspectoras... por iso, por hixiene democrática, é necesaria, máis que nunca, a dimisión da titular da consellería, e tamén unha investigación parlamentaria urxente... é unha situación escandalosa" (Audio: Paulino Campos, presidente de REDE)
Copia do comunicado da Asociación de Inspectoras e Inspectores denunciando as filtracións (chivatazos) que se producen dende a consellería sobre as residencias a visitar pola inspección, día e hora
Chantada á Pontenova con graves problemas de persoal
Dous médicos para 8.000 pacientes e un para 2.000 habitantes
(https://twitter.com/prazapublica/status/1701157129170915660?t=FFYM-U61AihYdJEAfDDyrQ&s=03)
Privatizan a atención sanitaria do persoal do SERGAS: a través de AXA Seguros Generales S.A. de Seguros y Reaseguros
A Consellería de Facenda e Administración Pública suscribiu a nova póliza de seguros de accidentes persoais, que da cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia incluido o do Sistema Sanitario Público. Ademais do anterior, prevese a posibilidade de que calquera empregado público da Xunta de Galicia poida ademáis, ampliar as devanditas coberturas, mediante a suscripción individual e voluntaria dun suplemento/complemento do seguro, mediante o pagamento dun importe adicional, conforme se específica no devandito folleto informativo.
file:///C:/Users/mmarg/Downloads/D%C3%ADptico%20informativo%20Accidentes_2023.pdf