José Manuel Sande alerta dun plan de medios que exclúe a forzas representativas no eido municipal e estatal
A proposta do ente público plantexa outorgar espazos gratuitos á ultradereita a pesares de carecer de representación nos Concellos galegos
A Coruña. 8 de maio de 2023. José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, a coalición de unidade conformada por Podemos, EU, Alianza Verde e independentes, ven de denunciar este luns a proposta de cobertura informativa excluínte da CRTVG, que pretende borrar a presenza da súa candidatura en favor da ultradereita, sen un só concelleiro en toda Galicia.
Para Sande a situación é extremadamente grave e confirma o férreo control que fai a Xunta de Galicia do ente público de radio e televisión, pretendendo ceder espazos gratuitos a unha forza sen representación e cun evidente discurso de odio, onde ningún sondeo sociolóxico lles otorga escano no Pazo de María Pita.
Fronte a este movemento antidemocrático a representante de Por Coruña na comisión deixou patente a disconformidade da coalición co plantexamento de distribución de tempos, e alertando sobre un intento de censura descarado da formación que está a medrar máis nas enquisas.
As forzas que compoñen Por Coruña cogobernan no Estado, dispoñen de representación propia en varias vilas galegas e obtiveron maior porcentaxe de votos en todas as convocatorias electorais recentes que a ultradereita. A proposta da CRTVG quere eliminar a unha importante parte da cidadanía e impedir que a veciñanza da Coruña poida recibir información sobre o seu traballo.
De aprobarse esta proposta, a candidatura avanza a súa intención de recorrer perante á Xunta Electoral, por excluir a forzas recoñecidas e representativas, con presenza nos Concellos e no Congreso.