Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O parapente leva 5 meses esperando pola resposta da Secretaría Xeral para o Deporte sobre a protección do Larouco

Información
30 Abril 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1759 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Membros do Club Parapente Baltar e da plataforma Stop Eólicos Xurés CelanovaO Club Parapente Baltar celebrou este domingo no Larouco, unha zona seriamente ameazada polos proxectos macroeólicos, unha xornada de convivencia no arranque da tempada de eventos. O Club Parapente Baltar informou de que segue á espera dunha resposta da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a quen reclamou en decembro pasado un posicionamento en defensa do espazo do Larouco como escenario desta práctica deportiva, que inclúe campionatos do máximo nivel internacional, e que quedaría invalidada para esta práctica por razóns de seguridade de se instalar os macroproxectos previstos.

A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, convidada á xornada, aproveitou para informar de que a campaña de crowdfunding FONDO PARA A DEFENSA DAS MONTAÑAS DA LIMIA, XURÉS E CELANOVA, que remataba onte, cubrira dabondo os obxectivos con máis de 3.500 euros de recadación. Os fondos empezarán a ser utilizados en breve: xa está encargado un informe biolóxico sobre os proxectos San Martiño, Mistral e Tramontana que afectan precisamente ao Larouco. Ademais, a plataforma denunciou a campaña de medo e desinformación que está a desenvolver desde hai uns meses un suposto representante da empresa Four Winds (así se presenta), a promotora do complexo Mistral-Tramontana.

 

Stop Eólicos Xurés Celanova recomenda á veciñanza das aldeas do Val do Salas a quen este intermediario lles está a ofrecer contratos de arrendamento, baixo ameaza de expropiación, de terreos afectados pola liña de alta tensión do Xurés (que uniría o complexo Mistral-Tramontana coa subestación de Naturgy en Muíños) que non asinen documento ningún.

 

O trazado desa liña de alta tensión saíu a exposición pública no verán de 2021, e foi obxecto de alegación por parte da plataforma. A día de hoxe non hai información pública ningunha do estado da tramitación. Mais o enclave do macrocomplexo Mistral-Tramontana cambiou de lugar, polo que a plataforma entende que o proxecto presentado no verán de 2021 sufriu unha modificación substancial e o proceso debe iniciarse desde o principio. A liña, pois, non só non está aprobada, senón que non se pode aprobar tal e como se presentou.

 

Así que os contratos son “papel mollado” e os supostos alugueiros, un fraude.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV