Sande valora que se trata dun conflito en clave electoral que reflicte que os intereses da veciñanza nunca estiveron por diante neste asunto.
“Sobre o CHUAC todo eran boas palabras ata que chegamos ás eleccións”, explica José Manuel Sande, quen mostra o seu “estupor” ante unha polémica entre administracións que “demostra que os intereses da veciñanza nunca foron o prioritario neste asunto”.
O candidato á alcaldía da candidatura de unidade entre Podemos e Esquerda Unida sinala que “este asunto comezou mal, ao negarse o Goberno Local a dialogar coa veciñanza afectada pola ampliación” e, en base ao cruce de declaracións destes días, “parece que vai rematar peor”.
Sande pídelle ás administracións “altura de miras” e que non empreguen un tema tan serio “para entrar en campaña”. O candidato á alcaldía pon de relevo a posición que “sempre mantiveron as organizacións ás que represento” que é a de “diálogo coas familias que van perder as súas casas por mor da ampliación”. Insta tamén a Inés Rey a “escoitalas e mostrar algo de empatía ante a situación de incerteza na que viven".
Por último, Sande expón que "a ampliación do CHUAC é necsaria, pero non pode facerse contra parte da veciñanza. CHUAC si, pero non así"
Podemos A Coruña