Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Novos chiringuitos na Xunta: presentámosvos a Rede de polos de emprendemento Xempre Contigo!

Información
01 Junio 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1280 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia - Alfonso Rueda, resaltó la labor de los PPeriodistas en la  difusión de la realidad gallega, lee Xornal Galicia y todas las "guarradas  de corruPPción" en el "cortello de SanOs chiringuitos na Xunta de Galiza medran coma os cogomelos. Non ben se extinguen uns, xa se argalla algo para repoñelos con outros, a ducias se fai falla.

A nova ocorrencia vén agora da man da Dirección Xeral de Emprendemento e Emprego, a cargo de Margarita Ardao (Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade), cunha rede de chiringuitos constituída por 15 entidades denominadas "polos de emprendemento e apoio ao emprego", e que están repartidos polas catro provincias. Na actualidade hai activos 8 polos, mentres que aínda están pendentes outros 7. Os polos activos son os seguintes:

• Polo da Costa da Morte (Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, Coristanco)
• Polo das Rías Altas e Arco Ártabro (Ferrol)
• Polo da Mariña (Mondoñedo)
• Polo da Montaña Lucense (A Fonsagrada)
• Polo de Lugo Sur (Monforte de Lemos)
• Polo de Ourense Centro e Sur (Verín)
• Polo de Miño Central (O Carballiño)
• Polo de Pontevedra Norte e Rías Baixas (“La Moda” Rural Lab, local da Fundación Roberto Rivas, Silleda)

E que veñen sendo estes "polos"?

Son novas oficinas onde a Xunta disque que ofrece asesoramento personalizado e permanente a persoas emprendedoras, para que desenvolvan proxectos empresariais. Con esa finalidade impártenselles sesións de titorización, que están a cargo de "persoal titor experto de primeiro nivel", persoal que traballa para a Xunta pero que está directamente contratado por unha fundación privada.

O lema empregado pola Xunta na propaganda institucional para esta “rede de polos” é “Xempre contigo”, e dende ela convócanse axudas económicas de 9.2 millóns de euros en 2023, segundo a Xunta, provenientes dos fondos europeos de recuperación Next Generation EU, mediante os cales se implementa o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Quen xestiona estes fondos? Vexamos...

Esta rede de "polos" é un conglomerado de fundacións privadas, e tamén doutras entidades privadas vinculadas co Opus Dei, coas que a Xunta de Galiza está a conveniar os servizos e funcionamento destes polos.

O persoal que está a traballar nestes polos, a pesar de ter contrato cunha fundación privada, traballa en oficinas da Xunta (aínda que segundo se indica nos webs dos polos, algún dos locais é dunha entidade privada). O material, os logos e as aplicacións son da Xunta tamén. Dará lugar unha vez máis todo isto a novas responsabilidades pola cesión ilegal de traballadores/as? Xa advertimos dende aquí á directora xeral e a todas as persoas que poidan ter responsabilidade que no caso de que ocorran situacións como as descritas, que a maiores da responsabilidade disciplinaria derivada do artigo 28 da LEPG dende a CIG imos utilizar a vía penal por delitos contra a administración pública.

A coordinación de toda a rede de polos está nas mans da Fundación Juana de Vega, fundación privada. Á súa vez, a Fundación Juana de Vega coordina a outras fundacións, e tamén a outras entidades privadas, entre as que se atopan as seguintes:

Volvemos ás andadas e chiringuitadas!

Orzamentos da Comunidade Autónoma Galega. Ano 2023Polos de emprendemento

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV