Marta Lois indicou que é unha auténtica “vergoña” que a XEC permitira este debate

Información
11 Julio 2023 - Hoy es noticia - 1599 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Segundo a candidata número 1 ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña por Sumar, Marta Lois, o debate amosou que máis que nunca é preciso “o estilo Yolanda, con solvencia nos datos, propondo solucións aos problemas e sempre apelando ao diálogo”.

Neste sentido, Lois indicou que a política é moito máis que “dous homes intercambiando zascas”.

“Tristemente hoxe no debate en Atresmedia houbo moitos problemas que ninguén abordou”.En palabras da número 1 ao Congreso dos Deputados pola Coruña, “vivimos un debate bronco onde pouco se falou de controlar os prezos do alugueiro, da subida do SMI, da saúde bucodental, de saír do traballo unha hora antes.

A este debate fáltalle Sumar”. Igualmente, Marta Lois indicou que é unha auténtica “vergoña” que a XEC permitira este debate, “onde máis do 40% do hemiciclo está fóra, con millóns de votos que non se ven representados”.

Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1599