Libro Segredos Soterrados

Información
07 Julio 2023 - Hoy es noticia - 1747 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

1687028086027

Segredos soterrados é unha novela xuvenil na que a súa protagonista, Xela,e os seus amigos viven mil e unha aventuras.

A través delas coñeceremos un episodio da nosa historia bastante descoñecido polo público xeral, como é a presenza de nazis en Galicia durante a II Guerra Mundial, a través de saltos temporais que complementan a trama no presente.

Sinopse do libro: O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.

Gustaríanos darlle visibilidade ao proxecto xa que cremos na importancia de por en valor a nosa historia, achegándolla aos máis novos.

Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1747