Denuncian maltrato animal en varias cabalgatas de reis en Galicia

Información
09 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2836 votos

cid ii lcndfu341

Ecoloxistas en Acción sinala que na cabalgata do Concello de Ourense foron testemuñas de como os tres dromedarios usados no evento se atopaban asustados e nervosos ante os tocamentos masivos das centenares de persoas amoreadas ao redor deles. 


De feito, o desfile en Ourense sufriu varias interrupcións debido aos problemas con varios dos dromedarios, un dos cales non quería continuar ao princípio e outro se amuló durante o percorrido asustado, seguramente, pola aglomeración de xente. O seu coidador tardou en conseguir que o cuadrúpedo tranquilizase e seguise o seu camiño.


A organización ecoloxista denuncia que esta lamentable situación viviuse tamén noutros concellos galegos como Moaña ou Porriño. En Moaña, na cabalgata houbo dromedarios, cabalos e asnos. Segundo as testemuñas, mesmo recollidas en videos que circularon polas redes sociais, un dos dromedarios non podía manterse recto, debido ao peso que soportaba e ao estado do chan que pisaba, que non era o adecuado para eles. 


Subliñan que os animais soportaron unha elevada carga de estrés e esgotamento xa ao seren transportados durante horas desde Valladolid e tamén polos ruídos, tocamentos, luces e gritos duns “coidadores” que se dirixían a eles en termos insultantes. Resulta un paradoxo especialmente rechamante que isto se produza nun Concello que en 2017 se declarou libre de “espectáculos con animais.” 


Ademais, Ecoloxistas en Acción destaca que non é de recibo a actitude desafiante ante as críticas por parte do Concelleiro de Cultura, Carlos Juncal Costa, tanto durante a cabalgata como nas redes sociais, impropia dun representante do pobo. 


Tamén o concello de Porriño utilizou dromedarios para a cabalgata, expoñendo a situacións de estrés fóra do seu hábitat a estes animais.


"Na normativa autonómica existe un baleiro que permite estes paseos con toda clase de animais, xa que a Lei de Benestar Animal de 2017 só veta o uso en funcións circenses e só regulamenta os eventos con animais de compañía", resaltan desde Ecoloxistas en Acción. Por iso, instan á Xunta de Galicia á revisar a lei para que claramente non estén permitidas este tipo de prácticas cos animais. 

social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV