DENUNCIA QUE CAMBRE TEÑA MÁIS POLÍTICOS E ASESORES QUE POLICÍAS DE SERVIZO

Información
14 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1573 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Coruña, 14 de novembro de 2023.- A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia que Cambre teña, actualmente, máis políticos e asesores que policías de servizo. Levamos anos censurando ao Goberno Municipal: porque un Alcalde dun municipio de 25.000 habitantes non teña adicación exclusiva, polo incremento inxustificado do número de asesores, cuxo custo se suma ao dos edís con adicacións, ou pola creación dunha segunda praza de Inspector na Policía Local que, como dixemos, agora se demostra que resulta innecesaria, etc.

A falta de pagamento actual aos provedores, que se traduce en que os traballadores das concesionarias de servizos públicos levan meses sen cobrar as súas nóminas, por agora esténdese só ás horas extraordinarias dos empregados municipais. Cando presentamos alegacións ao orzamento de 2022, sinalábamos que era necesario, entre outras medidas, cubrir as prazas vacantes no Corpo da Policía Local, aumentando os seus efectivos; en 2023, coa incorporación dun segundo Inspector, reiterabamos que era necesario dotar de máis prazas á Policía Local. En Cambre fai falta músculo administrativo: Faltan prazas de técnicos e sobran políticos e asesores, que cobran, pero non realizan traballo administrativo algún. Desde FAC-USO lamentamos que o tempo veu a darnos a razón: constatamos que, durante estes anos, se produciu un aumento no gasto de persoal en políticos, asesores e persoal de confianza á conta da falta de creación de emprego público (prazas de técnicos e de policías locais), o que supón que se deixou de prestar un servizo público e de calidade á cidadanía.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV