DENUNCIA O DESPEDIMENTO DE TRES TRABALLADORES, O MESMO DÍA, DA EMPRESA QUE XESTIONA O CASTRILLÓN

Información
11 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - 1241 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Lage Tuñas..... "EL INSACIABLE,VORAZ, CODICIOSO" y con sobrados indicios de  ser la encarnación o el "cristo" de la corrupción, aumentando los 10  mandamientos. - Xornal Galicia Exclusivo

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia o despedimento de tres traballadores por parte da empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón. Levamos meses facendo públicas numerosas irregularidades, comunicadas previamente, ao director xeral de EMVSA (Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades, S.A.), e posteriormente ao Concello da Coruña, sen que fixeran absolutamente nada.

O 31 de outubro a empresa VIRAXES, S.L., cuxo xerente é o carballés Andrés Eirís Barca, tramitou a baixa na seguridade social de 3 traballadores, 4 en todo ese mes, despedindo ao 25% do persoal, candose debería ter tramitado un expediente de regulación de emprego (ERE). Dos 4 traballadores despedidos en outubro, 3 son socorristas, aos que, no Castrillón, se lles obriga a impartir cursos de natación aínda que non dispoñan da titulación esixida, a realizar funcións de mantemento da instalación, a manipular produtos químicos, sen cobrar o plus de toxicidade, ou, o que resulta máis grave, a dar cursos e facer de socorristas ao mesmo tempo. O Goberno de Inés Rey é cómplice destas irregularidades que están a sufrir os traballadores e as traballadoras do CD Castrillón, porque, despois de varias denuncias, segue sen licitar o novo contrato, cando o actual, xestionado por EMVSA, está caducado desde xuño, e, tampouco nos consta a imposición de penalidades a VIRAXES polos incumprimentos reiterados. Por outra banda, cinco meses despois das eleccións municipais e máis de catro da constitución da nova corporación, segue sen renovarse o Consello de Administración de EMVSA, para abordar as irregularidades que levamos meses denunciando. Dende FAC-USO instamos a Inés Rey a que tome medidas, antes de que se siga producindo á renovación da totalidade do cadro de persoal do CD Castrillón, que non poderá ser subrogado no novo contrato de servizos que, nos consta, leva varios meses parado, enriba da mesa, para ser licitado.

Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1241