Dende a AGDSP, vimos denunciando as “trampas” que realiza a Xunta para ocultar a realidade das listas de espera

Información
24 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - 1150 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Nota de Prensa da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública (AGDSP), na que denunciamos a información publicada polo Ministerio de Sanidade sobre as listas de agarda en Galicia e no Estado, que utiliza os datos proporcionados polos Servizos de Saúde de cada Comunidade Autónoma; queremos manifestar o seguinte:

1º.- Dende a AGDSP, vimos denunciando as “trampas” que realiza a Xunta para ocultar a realidade das listas de espera: O tempo de espera cirúrxico (66 días) é un 30% inferior á media española, algo inaudito como a poboación e profesionais coñecen por propia experiencia.

3º.- Na nosa Comunidade, a manipulación lévase a cabo recorrendo ás Listas de Agarda non Estrutural, nas que os/as pacientes, non computan para a estatística e que inclúen a pacientes que rexeitan ser enviados a centros privados concertados (de peor calidade e maiores riscos) ou con enfermidades complexas por motivos clínicos (concepto moi manipulábel). Nelas, almacénanse miles de pacientes que tras ser diagnosticados de enfermidades que esixen cirurxía, son enviados a casa a esperar a que “lles chame” e que non son computados (poden pasar meses ou mesmo anos), algo de sobra coñecido por miles de familias afectadas.

4º.- Estudos realizados en Galicia, sen o consentimento do SERGAS, mostraron que estas listas ocultas almacenan case o mesmo número de pacientes que as publicadas oficialmente. Neste senso un estudo publicado pola Revista de Administración Sanitaria Século XXI, concluíu que os indicadores utilizados en moitas CCAA son inconsistentes en moitos casos, e que a información obtida polos mesmos sobre as listas non se adecúa á exactitude e veracidade que toda información debe ter para poder ser considerada fiable

5º.- Agora, a Consellaría de Sanidade, quere dar unha nova volta de torca a este engano: Pretendese que as persoas en espera cirúrxica, sexan enviadas a hospitais doutras Áreas Sanitarias (correndo os gastos de transporte e manutención dos acompañantes a cargo das familias), e quens se neguen, serán enviados ás listas ocultas (as Non Estruturais).

Dende a AGDSP, seguiremos denunciando a Consellaría por ocultar a realidade e exiximos trasparencia das Listas de Agarda 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1150