Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Coñecendo a historia dos alcaldes de Galicia

Información
10 Marzo 2023 - Hoy es noticia 4107 votos - Correo electrónico - Imprimir

WhatsApp Image 2023 03 10 at 13.03.17Os alcaldes de Tui, Castro de Rei, Outes e A Mezquita serán os guías especiais dun grupo de máis de medio cento de persoas para amosar a rica historia e patrimonio dos seus concellos

Santiago, 10 de marzo. Coñecer, amar, valorar e protexer a historia de Galicia. Ese é o principal obxectivo de www.rutasdehistoria.gal, un proxecto patrimonial impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal ao que esta primavera se suman catro rexedores das catro provincias galegas cun único fin: poñer en valor o seu patrimonio local.

‘Coñecendo a historia cos alcaldes de Galicia’, así se chama este novo proxecto impulsado por Rutas de Historia que quere converter en guías turísticos e históricos por un día aos alcaldes de Tui (Pontevedra), Enrique Cabaleiro (PSdeG); Castro de Rei,(Lugo) Francisco Balado (PPdeG); Outes (A Coruña, Manuel González (Compromiso Outes) e A Mezquita (Ourense), Rafael Pérez (BNG).

O obxectivo é que os propios alcaldes sexan os guías dun grupo de máis de medio cento de persoas pola historia e o patrimonio dos seus concellos e dean a coñecer os “segredos ocultos” e as “anécdotas históricas” que atesouran.

Neste sentido, o alcalde de Tui destacou que “cando coñecemos unha cousa, pómola en valor. E cando a pomos en valor, comeza a sensibilidade pola protección”. Foi durante a presentación deste proxecto que tivo lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia en Santiago este venres.

Asimesmo, en relación a Tui, o seu alcalde Enrique Cabaleiro, indicou que “é unha das grandes vilas de Galicia, capital dun dos sete reinos de Galicia, que atesoura un enorme patrimonio histórico”.

Tamén, o rexedor de Castro de Rei, Francisco Balado, indicou que “o patrimonio dos concellos de Galicia moitas veces está deteriorado”. Incidiu en que, dende esta iniciativa queren “poñer o acento naquel patrimonio que está agochado e que non se ve”.

Por outra banda, o alcalde de Outes, Manuel González, quixo destacar o proxecto do Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira, un espazo que conta “a historia de Outes e en particular deste estaleiro”, o oficio que se pretende amosar nestes roteiros.

ROTEIROS

As andainas terán lugar o 1,15 e 29 de abril e o 6 de maio. Algúns deles serán de mañán e outros tamén de tarde e combinarán visitas con camiñatas. Os alcaldes, acompañados nalgunhas ocasións por divulgadores locais explicarán, en varios puntos, os contextos históricos por onde pasan os camiñantes. As persoas interesadas terán que levar roupa axeitada e comida e bebida para o camiño. Todos os participantes deberán inscribirse, previamente, na páxina web do proxecto www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal e terán que abonar 5 euros para pagar seguros e transporte.

Outes, onde os carpinteiros se fixeron mestres do mar (1 de abril). Esta é unha ruta litoral a través da cal coñeceremos a carpintaría de ribeira, proceso tradicional da fabricación de embarcacións de madeira. Durante a visita coñeceranse varias carpinterías de ribeira e visitarase o museo recentemente inaugurado para coñecer esta arte da construción mariñeira.

Coñecendo A Mezquita, a capital de tres reinos (15 de abril). Neste roteiro farase andando un tramo da Vía da Plata para coñecer unha terra de paso de peregrinos pero tamén de segadores e de arrieros, tratantes e viaxeiros. Visitarase o penedo dos tres reinos e a Moimenta, parque natural de Montesinho”, xa en territorio portugués.

Tui, o outeiro fortificado que quixeron romanos, vikingos e xudeus (29 de abril). Será unha visita polo Tui medieval e pola ruta dos muíños do río Tripes, un río que nace no Parque Natural do Monte Aloia en no que hai 20 muíños de máis de 200 anos de antigüidade.  Haberá unha visita ao conxunto histórico de Tui coa visita á catedral e o entrono catedralicio para coñecer tamén o rico patrimonio xudeu desta vila medieval.

Castro de Rei, unha viaxe na procura do centro da terra (6 de maio).  Unha visita por máis de 2.000 anos de historia na que se poderá coñecer onde se atopou un tesouro romano, sepulturas paleocristiana, a casa de José Castedo Teijeiro, inventor dun fusíl similar ao máuser; os lugares onde naceron o rico comerciante do século XVIII marqués de Atalaia Bermeja e Manuel Becerra Bermúdez, ministro de Fomento e Ultramar no século XIX. Tamén haberá tempo para ver o carballo centenario de Luxís na parroquia de Pacios.

O PROXECTO

Os roteiros de Rutas de Historia queren servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis teñen unha importancia cultural fundamental para entender a idiosincrasia de Galicia e dos concellos que a conforman. Tamén para crear conciencia entre a veciñanza de que a historia e o patrimonio poden ser un valor engadido para a dinamización da economía local.

O proxecto Rutas de Historia naceu en 2017 da man do xornalista e profesor da USC, Xurxo Salgado, co obxectivo de poñer en valor a nosa historia. Desde entón e ata hoxe se teñen realizado máis de 40 roteiros. Na realización destas andainas, que están coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal, colaboraron representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Colectivo Capitán Gosende, colectivo A Rula, a Asociación Cultural Roxín Roxal ou a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo. Tamén participaron arqueólogos como Xurxo Ayán ou Antón Malde e destacados divulgadores culturais e escritores de novela histórica como Anxo Angueira, Manuel Gago, Marcos Calveiro, Eva Mejuto ou Carmen Varela, entre outros.

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal