Carrefour lúcrase co xenocidio, o colonialismo e o apartheid

Información
22 Julio 2024 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 449 votos

carrefourDende BDS A Coruña convocamos mañá martes 23 de xullo ás 20h unha nova acción informativa e de boicot no novo Carrefour Express de Ronda de Monte Alto na Coruña. As razóns de boicot a esta grande empresa son sobradamente coñecidas en relación á súa complicidade co Estado xenocida de Israel, polo que cremos necesario informar á cidadanía destes vínculos e convidar a deixar de mercar nos seus establecementos seguindo a máxima da loita contra o apartheid impulsada por Sudáfrica e que o movemento BDS (Boicot, Sancións e Desinvestimentos) segue a fin de acadar a xustiza e a liberdade para o pobo palestino.

POR QUE BOICOTAR A CARREFOUR?

Carrefour é cómplice do rexime israelí de ocupación, colonialismo e apartheid contra o conxunto do pobo palestino polo seu acordo comercial coa empresa israelí Electra Consumer Products e a súa subsidiaria Yenot Bitan, presentes en asentamentos israelís ilegais. Estas empresas aparecen no listado da ONU de empresas vencelladas á ocupación israelí, incumprindo o dereito internacional. Dende o inicio da ofensiva de Israel contra Gaza na que xa asasinaron a cerca de 40.000 persoas palestinas, Carrefour fixo doazóns sistemáticas ao exército israelí de comida e productos.

Pero a relación entre Carrefour e Israel non remata no territorio palestino: en abril deste mesmo ano o fondo israelí Mdsr mercou unha carteira de 22 supermercados por un valor de 120 millóns de € no estado español; 21 deses establecementos pertencen a Carrefour. Uns movementos que parecen impulsar o bo momento actual de Carrefour, que planea ampliar negocio: só na nosa cidade abriu tres establecementos novos durante este verán.

O Tribunal Internacional de Xustiza vén de declarar a Israel culpable de apartheid contra o pobo palestino e a súa ocupación militar e anexión do territorio palestino como ilegais. Trátase dunha sentenza que avala o que levamos tempo denunciando: que Israel é un estado xenocida e colonial. Nese contexto, toda empresa que opera en territorios ilegais é absolutamente cómplice e as súas ganancias están manchadas de sangue, dor e explotación a un pobo enteiro sobre as súas terras e os seus corpos. Así que hoxe máis que nunca dicimos alto e claro:

Carrefour lúcrase co xenocidio, o colonialismo e o apartheid.

NON MERQUES EN CARREFOUR!

Grazas e bo día,

 

BDS Coruña

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV