Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

BESTEIRO ELIXIDO PRESIDENTE DA COMISIÓN DE TRANSPORTES DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Información
04 Diciembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 779 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Besteiro Comisión Infraestruturas 041223

O deputado e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, fixo especial fincapé, “como galego” na relevancia da cohesión territorial para que non haxa cidadáns de primeira e de segunda

David Regades, deputado nacional e secretario provincial do PSdeG-PSOE en Pontevedra, nomeado voceiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación

Madrid, 04 de decembro de 2023. O deputado socialista no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, tomou hoxe posesión do seu cargo como presidente da Comisión de Transportes nas Cortes.

 

Na súa comparecencia diante a Comisión insistiu na “relevancia que a mobilidade e o transporte supoñen para a igualdade de oportunidades da cidadanía e a mellora de nosa calidade de vida, garantindo cidades máis habitables, transportes máis seguros y respectuosos co medio ambiente e accesibles para todos y todas”. Subraiou que “como galego, sei o importante que é a cohesión territorial e social, para que todos os territorios teñamos as mesmas oportunidades, sen veciños de primeira ou segunda”.

 

No seu discurso de investidura, Besteiro, suliñou a “importancia vital” que as infraestruturas teñen “na economía, facilitando a captación de investimentos e a industrialización verde” e solicitou a colaboración de todos os membros desta Comisión para “consolidar a mobilidade como un dereito esencial das persoas que, ao tempo, facilite o acceso a outros dereitos fundamentais como o traballo, a sanidade, a educación ou o ocio”.

 

Besteiro ve unha oportunidade no actual contexto tecnolóxico, ambiental, social e económico en España e Europa para “avanzar cara un territorio máis cohesionado e continuar pola senda da transición ecolóxica, liderando a descarbonización con procesos e modelos respectuosos co medio ambiente. Temos que adecuar a mobilidade e infraestruturas ao novo contexto global”.

 

Neste sentido incidiu na necesaria colaboración dos integrantes da Comisión, lonxe de intereses partidistas, para “acadar a modernidade, sustentabilidade, integración das novas tecnoloxías e impulso del proceso de descarbonización no transporte”.

 

O novo presidente da Comisión de Transportes do Congreso agradeceu, asemade, a confianza posta nel para liderar este órgano.

 

Regades, voceiro de Agricultura

 

Por outra banda, David Regades Fernández, deputado nacional por Pontevedra e Secretario Provincial do PSdeG-PSOE desta provincia, converteuse tamén hoxe no voceiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dito órgano ten moito peso para Galicia ao tratarse dun sector estratéxico para o noso país.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV