Os círculos de Podemos en Ourense veñen de pronunciarse sobre a nova na que se informa de que o presidente da deputación, José Manuel Baltar, circulaba a 215 kilómetros por hora na A-52, polo que se enfronta a un delito contra a seguridade viaria. A formación considera que son precisas responsabilidades polo que consideran unha conduta perigosa e irresponsable.
“Baltar ten que dar explicacións, posto que ningún cidadán está por riba da lei”, afirman as e os membros de Podemos e candidatos ás alcaldías de Lobios: Carlos Garrido, Carballiño: Manuel Nogueira, Parada de Sil: Avelino Carballo, Teixeira: Mercedes Martínez e Ourense: Toño Naval. A formación a nivel provincial considera que José Manuel Baltar tivo, segundo o que publican as novas, “unha conduta perigosa e irresponsable que non está á altura do cargo que ocupa”.
Podemos considera que “se esta situación se producira por parte dun membro da nosa organización que ocupara un cargo de semellante relevancia, Rueda sería o primeiro en pedir esas responsabilidades”, polo que esixen ao presidente da Xunta que “actúe con coherencia” e repróchalle que se ampare “na lei do silencio” ao non querer valorar “actuacións fora da legalidade por parte de cargos do seu partido”
Más sobre Lage Tuñas...+ Más en la hemeroteca sobre Lage Tuñas..+