Altos cargos do PP na Xunta se levan os Premios Atila 2023 aos maiores culpables de atentados ambientais en Galiza

Información
04 Junio 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2362 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • Co gallo da celebración do Día Mundial de Medio Ambiente, Ecoloxistas en Acción outorga os seus premios Atila e Cabalo de Atila ás condutas máis destacadas do ano pola súa contribución á destrución do medio ambiente.

     

  • Este ano adxudicouse o galardón Premio Atila a Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, e Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, por autorizar o baleirado da mina de San Finx.

  • O Premio Cabalo de Atila foi para Jose Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, por relacionar as figuras de protección ambiental, como Rede Natura 2000, co orixe das vagas de lumes.


O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para aumentar a conciencia ambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Para iso, Ecoloxistas en Acción premia aos que son como Atila: por onde pasan, non medra nin a herba. Con estes premios sinálase a institucións e aos seus responsables como causantes de agudizar a crise social e ambiental.


O primeiro premio, Premio Atila 2023, é para Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, e Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, por autorizar o baleirado da mina de San Finx. Unha drenaxe áceda que afectará de morte o ecosistema da ría de Noia e pondrá en perigo a economía tradicional da comarca baseada no marisqueo e a pesca artesanal.


O segundo premio, Premio Cabalo de Atila, levouno Jose Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, por relacionar as figuras de protección ambiental, como Rede Natura 2000, co orixe das vagas de lumes. Unhas declaracións coas que pretendeu agochar a súa incompetencia na prevención e contención dos lumes que arrasaron o ano pasado o macizo central ourensá. Actuación neglixente pola que estivo investigado pola fiscalía de Ourense.

l

Este ano o accésit especial, carteira de Atila, otórgase a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Recólleo s conselleira Ánxeles Vázquez polo seu desleixo coas demandas dos veciños e veciñas de Loxo e ignorar a petición que lle fixeron por activa e por pasiva de instalar unha estación de medición da calidade do aire para saber qué tipo de gases e con que frecuencia e intensidade están respirando. Uns nauseabundos cheiros que manan da planta de resíduos dos terreos da mina de Touro que lles amolan a cotío. A planta de tratamento de residuos Tratamientos Ecológicos del Noroeste SL, despois de case vinte anos de iniciar a actividade, acumula queixas e denuncias da veciñanza sen que a prometida restauración dos terreos degradados pola mina se teña rematado nin nos terreos, nin nas augas dos ríos contaminadas por drenaxe áceda de mina.


Outorgamos o segundo accésit, a Coz do Cabalo de Atila, a Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Os datos recollidos nos nosos informes sobre calidade do aire e contaminación acústica sinalan altos niveles de contaminación con risco para a saúde humana. En troques de tomar medidas como implantar Zonas de Baixas Emisións e pacificar o tráfico, o Concello practica o negacionismo, incumprindo a Lei de Cambio Climático, mantendo un dos peores servizos de transporte público do Estado e construíndo costosas infraestructuras de transporte que incrementan o tráfico. Ademais. con reiteradas as declaracións de Abel Caballero descalificando as demandas dos movementos ecoloxistas e veciñais, negándose a recibilos e opoñendose a implementar un novo modelo de mobilidade no Concello con máis coches por habitante de España.

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV