O público poderá desfrutar da proxección ao aire libre do popular filme "O corno" e da selección de curtametraxes de directoras galegas como Anxos Fazáns, Andrea de la Iglesia, Xacio Baño ou Oscar Pardo Cartelle
Cineastas, programadores de festivais e profesionais do sector audiovisual reuniranse nunha xornada que busca impulsar o desenvolvemento e a promoción da cinematografía galega
Santiago de Compostela, a 29 de xullo de 2024.- O vindeiro 7 de agosto, Zas converterase no epicentro do cine galego grazas a Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema. A vila acollerá o "I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema" no que o público terá a ocasión de compartir visionados de películas e debates xunto a cineastas, programadores e profesionais do sector audiovisual. O evento, deseñado para fomentar a análise, o intercambio de experiencias e a creación de redes profesionais, busca impulsar o desenvolvemento e a promoción da cinematografía galega.