Tui consolida o seu liderato coma lugar de inicio do Camiño Portugués

Información
02 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 549 votos

No mes de agosto Tui consolidou o seu liderado como lugar de inicio do Camiño Portugués. Os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela referidos ao pasado mes de agosto de 2024, recollidos en base ás “Compostelas” entregadas, recollen que o Camiño Portugués foi recorrido nese mes por un total de 14.878 peregrinos cun incremento do 9% en relación aos datos do pasado ano.

O dato máis relevante que ofrecen os datos estatísticos da Oficina do Peregrino está relacionado co lugar de inicio da peregrinación no que a cidade de Tui segue sendo a primeira localidade do Camiño Portugués elixida para iniciar o Camiño e a segunda de todas as rutas xacobeas. Neste sentido, o 55,10% dos peregrinos do mes de agosto, en concreto 8.197 persoas, escolleron a cidade de Tui para iniciar o seu Camiño de Santiago. Logo está Valença onde comezaron 2.530 peregrinos e peregrinas.

 

Pero en relación ao resto dos Camiño de Santiago unicamente o municipio de Sarria, no Camiño Francés, supera a Tui en numero de persoas que inician o Camiño con 27.156 peregrinos. Tras a nosa cidade sitúanse Ferrol, no Camiño Inglés, con 5.260 peregrinos ou Saint Jean Pied de Port con 2.645 persoas.

 

No desglose destes datos de afluencia podemos comprobar que os peregrinos españois alcanzaron a cifra de 8.254 (55%) e os estranxeiros foron 5.203 (45%). No caso dos peregrinos nacionais, que realizaron neste mes de agosto o Camiño Portugués 2.735 peregrinos (33,20%) procederon de Andalucía, 1.328 (16,12%) da Comunidade Valencia, 1.185 (14,51%) de Madrid, 608 (7,38%) de Castela A Mancha e 519 (6,30%) de Cataluña.

 

No que atinxe ao estranxeiros, dos 5.203 peregrinos do pasado mes de agosto, 1.551 (11,53%) eran de Portugal, 1.241 (9,22%) chegaron dende Italia, 290 (2,16%) de Alemaña, 262 (1,95%) de Estados Unidos ou 174 (1,29%) de Polonia.

Cómpre lembrar tamén que dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, un número cada vez mais relevante, pero que non figura nas estatísticas, realiza o trazado oficial portugués desta ruta xacobea que dende Caminha continúa por Vilanova de Cerveira, Valença e Tui, como porta de entrada en Galicia.

 

Neste primeiros oito meses do 2024 un total de 68.250 peregrinos teñen percorrido o Camiño Portugués (25.773 españois e 40.080 estranxeiros) cun incremento do 9% en relación aos datos do pasado ano 2024.

 

A concelleira de Turismo e Patrimonio do concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, sinala que o Camiño Portugués consolida o seu progresivo e sostido incremento no número de peregrinos, especialmente estranxeiros e consolidación, un mes máis, do liderado de Tui como auténtica “capital” do Camiño Portugués pois a nosa cidade é a primeira escollida polos peregrinos para iniciar este Camiño, no caso do mes de agosto polo 55% dos peregrinos do Camiño portugués e a segunda localidade de todas as rutas xacobeas.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV