Tomiño, segunda meta voante da II Volta Ciclista ó Baixo Miño

Información
28 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 260 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Tras o éxito da primeira edición, chega a II Volta Ciclista ó Baixo Miño, unha proba para as categorías Elite e Sub23 organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto de municipios da comarca con carácter nacional, puntuable para o Ranking nacional RFEC e segunda das probas da Copa Galicia 2024. 


Máis de 120 ciclistas de toda Galicia e de varios equipos de Asturias, Cantabria, Castela e León e Portugal participarán nesta proba o vindeiro domingo 2 de xuño. Contará cun percorrido de 138 quilómetros con saída ás 10.00 horas dende o Santa Trega e que terá no centro de Tomiño a súa segunda meta voante. Ademais, ao longo da xornada a Volta Ciclista ó Baixo Miño pasará noutra ocasión por Tomiño, nesta ocasión pola estrada xeral cara a Tui. 

 

Nesta edición o Concello tomiñés será o patrocinador do maillot azul celeste da proba, a camisola que lucirá o primeiro ciclista galego en cruzar a liña de meta. 

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV