Madrid, 8 de maio de 2025 - TikTok, a principal plataforma de entretemento, celebra o Día das Letras Galegas 2025 destacando o auxe dos contidos en lingua galega dispoñibles no seu Feed Para Ti, que cada vez atrae máis xente de Galicia e doutras partes de España e do mundo para que se interese pola cultura da rexión.
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado ao cancioneiro popular galego e á súa transmisión oral no tempo, algo que encaixa perfectamente coa comunidade de TikTok, onde persoas de todo o mundo comparten elementos da súa cultura para que outros usuarios poidan coñecelos. Deste xeito, vídeos sobre a historia da emigración galega ao longo dos anos ou recomendacións de lectura en galego están chegando a unha comunidade de máis de mil millóns de persoas en todo o mundo, grazas aos creadores de contido de TikTok e ao alcance que proporciona a plataforma. Por exemplo, o hashtag #galego ten máis de 43K publicacións, mentres que #galegosnotiktok ten case 32K publicacións.
TikTok, un aliado fundamental para o pequeno comercio galego
TikTok é unha fiestra para que as pemes (pequenas e medianas empresas) poidan chegar aos 21,9 millóns de usuarios de TikTok en España e facer crecer os seus negocios. Segundo unha investigación realizada por InSites Consulting, os usuarios de TikTok séntense conectados coas pemes, sendo o 70% dos usuarios do país o que di que os produtos das pemes son máis persoais e un 61% di que os seus produtos son máis ideais como agasallo para unha ocasión especial.
Como exemplo desta realidade aplicada ao caso de Galicia, atopamos o exemplo da @librariaclarion, unha tenda situada en Carballo dirixida por Eva, que dende hai máis dun ano comparte o seu día a día no traballo, dando recomendacións de libros en galego e interactuando con outros creadores da plataforma e da comunidade #galego. En palabras de Eva, "desde o verán de 2024, unhas dúas ou tres persoas que pasan todos os días pola librería encargan un produto ou comentan algo que viron no noso perfil de TikTok, e hai moita xente que me escribe para ter seguro que vou estar na tenda para vir visitarme dende lugares afastados de Galicia e mesmo doutros lugares de España".
As mulleres, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025
Ademais da poesía popular e da súa tradición oral, as mulleres son as principais protagonistas da celebración das Letras Galegas en 2025 a través das cantareiras, figura fundamental da historia cultural galega, encargadas de transmitir poemas e cantigas populares, acompañadas habitualmente dunha pandeireta.
A comunidade galega de TikTok conta con varias referentes femininas, como @pradorua, unha licenciada en Educación Infantil que combina humor e dinamismo para dar voz a historias e acontecementos históricos e culturais galegos na plataforma. María, o seu nome máis aló de TikTok, destaca que xente de América Latina concactoulle para dicirlle que se interesaron pola cultura galega grazas ao seu perfil, e recomenda dous títulos imprescindibles para celebrar o Día das Letras Galegas:
"Por unha banda, teño que recomendar 'Cousas' de Castelao, porque é unha obra que transmite á perfección a sociedade do século XX, como pensaba a xente e o que estaba a suceder. Tamén transmite o Castelao que se fundiu coa idiosincrasia galega. Por outra banda, e baseándome na miña formación académica, debo recomendar algúns libros ilustrados. Son una gran defensora dos libros ilustrado, e ainda que moitas veces sexan tratados como libros infantís, poden contar historias poderosas, intensas e significativas. Non sei se este se podería etiquetar como banda deseñada, tal vez non, pero ‘Saínza a Punkiereteira’ é un libro que todos e todas poderíamos ler con gusto. Penso que debería ser unha obra imprescindible nos andeis das crianzas e adolescentes galegas”.
Como era de esperar, @librariaclarion tamén recomendou un título para celebrar a literatura galega:
"Este ano escollo 'Cantareiras' porque é un traballo moi ameno pero detallado sobre as cantareiras tradicionais da nosa rexión. É un traballo do historiador e investigador Xosé Manuel Varela, e da súa filla Icía Varela, pandereteira e cantante. Creo que esta publicación é moi axeitada para celebrar esta data, aínda que é un libro atemporal que serve para destacar a importancia das cantareiras en calquera época do ano".
A comunidade #BookTok, que ten máis de 54 millóns de publicacións en todo o mundo, está a incursionar na comunidade de TikTok de fala galega e permite que moitos galegos compartan a súa cultura con xente de todo o mundo.
|