Renfe acaba de licitar a oferta pública o mantemento durante 5 anos de 65 locomotoras S/333.3 propiedade da operadora RENFE-Mercadorías por un importe de 70 millóns de euros.
O taller de RENFE en Ourense ten asignado o mantemento de 26 destas 65 locomotoras, S/333 sendo o segundo taller de todo o Grupo RENFE que mais locomotoras de esta serie repara, tras o taller de Vicálvaro en Madrid, que ten asignadas 27 locomotoras.
Si RENFE-Mercadorías externaliza o mantemento de estas locomotoras, as 32 persoas que traballan no taller de Ourense quedan sen carga de traballo, tal e como confirmou o Xerente do área Noroeste de Inxenería e Mantemento de RENFE, nunha xuntanza que forzaron os traballadores e traballadoras do taller cando tiveron coñecemento da publicación da licitación.
Nesta xuntanza a empresa foi incapaz de concretar que vehículos ferroviarios ían a reparar as persoas traballadoras do taller no futuro, xerando unha total incertidumbre no cadro de persoal.
Dende CGT consideramos esta licitación un paso mais na privatización do mantemento dos vehículos ferroviarios do parque con que conta RENFE, en este caso de locomotoras de mercadorías, decisión que pon en perigo os 32 postos de traballo do taller de RENFE-Enxeñeira e Mantemento en Ourense, o que conlevaría unha redución importante de emprego ferroviario na provincia de Ourense e de Galiza no seu conxunto, tras o peche do taller de Coruña primeiro e logo de Monforte, quedando tan so a base de mantemento de Redondela e a de Ferrol.
CGT rexeita a privatización de este mantemento e vai defender o emprego público ferroviario en Galiza, reclamando que se anule a licitación e paralelamente reclamando a construción dunha base de mantemento de trens de Alta Velocidade en Galiza, como xa propuxemos o Presidente de RENFE no escrito que remitimos o pasado luns 12 e que ven podería ser en Ourense, pra realizar as reparacións dos vehículos AVE que se están a facer en Madrid-Fuencarral, talleres que se atopan saturados de traballo.
Por elo imos a pedir nas xuntanzas previstas pra a semá ca empresa, que se informe dos plans de futuro pra a Base de Mantemento de RENFE en Ourense e de non ter respostas garante dos postos de traballo, proceder a convocar mobilizacións, ademais de informar mediante escrito á alcaldía e grupos municipais con representación no Concello de Ourense, e na Xunta de Galiza e ao Presidente da Xunta de Galiza, pra que reclamen o mantemento do emprego ferroviario en Ourense e a construción dun taller de mantemento do AVE en Galiza, que consolide os servizos ferroviarios que se prestan na nosa Comunidade.