Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Proxecto Ríos lanza o seu curso de formación de primavera no río Sarela, en Santiago

Información
19 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 126 votos
  • A xornada celebrarase o próximo sábado, 24 de maio, e terá como obxectivo aprender sobre os ecosistemas fluviais a través dos seus macroinvertebrados bioindicadores.

Santiago de Compostela, luns 19 de maio de 2025.- O Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, lanza o seu curso de formación de primavera dirixido a calquera persoa que teña interese en aprender sobre os ecosistemas fluviais e analizar a súa calidade ecolóxica a través da identificación dos macroinvertebrados presentes neles. Este curso, que xa corresponde á súa 40 edición, terá lugar o próximo sábado, 24 de maio, no local de ADEGA en Compostela e no río Sarela, en xornada de mañá, desde as 10:00 ata as 14:00 horas.

O obxectivo desta formación é fornecer o voluntariado participante da metodoloxía de recollida e identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río. O punto de encontro será ás 10:00 horas no local de ADEGA (Avenida de Castelao, 20-baixo); e ás 11:00 sairemos ao río Sarela para a recollida de mostras e o seu estudo. Ademais, haberá un pequeno descanso para refrixerio. Ás 14:00 daremos por finalizado o curso.

A xornada é gratuíta, mais cómpre inscribirse previamente a través deste formulario.

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida pola organización ecoloxista ADEGA e que neste ano 2025 celebra o seu 20 aniversario. A súa finalidade é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos mediante as ferramentas que garantan a súa participación. En concreto, esta xornada de formación conta co financiamento da Deputación da Coruña. 

social youtube xornalgalicia   feed-image