Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Presentación da XLII Copa Deputación Ourense de Atletismo

Información
29 Abril 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 329 votos

a81dd893-932d-4029-aecf-82efa5083fdf.jpeg

 A pista de atletismo "Josefina Salgado", situada no Complexo Deportivo de Monterrei, acolleu esta mañá o acto de presentación da XLII Copa Deputación Ourense de Atletismo, unha das competicións máis emblemáticas do calendario deportivo provincial.Ao acto asistiron Enrique Álvarez, asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Manuél Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Máximo Fernández, presidente da Escola Atlética Pereiro de Aguiar - Ben Cho Shey; e Lalo Gómez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo. Todos eles coincidiron en salientar a importancia desta competición como ferramenta de promoción do deporte de base, da cohesión territorial e do apoio ao talento atlético da provincia.A XLII edición da Copa desenvolverase en varias xornadas en diferentes concellos ourensáns, o que pon de manifesto a súa vocación integradora e descentralizadora.

O calendario de competicións é o seguinte:

  • 1 de maio: O Pereiro de Aguiar – Final Sub10 e Sub12
  • 16 de maio: O Pereiro de Aguiar – Final Absoluta e Máster
  • 23 de maio: O Barco de Valdeorras – Final Sub14 e Sub16
  • 15 de xuño: Esgos – Final Trail Running
  • Outubro (data por confirmar): Xinzo de Limia – Final Campo a Través


A Copa Deputación de Atletismo reafírmase como unha iniciativa consolidada que fomenta a participación e o espírito deportivo entre atletas de todas as idades e categorías, servindo de plataforma tanto para a base como para os deportistas veteranos.A colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Atletismo e os clubs organizadores permite ano tras ano ofrecer un circuíto atractivo e competitivo, contribuíndo tamén á dinamización social e deportiva das distintas comarcas da provincia.

social youtube xornalgalicia   feed-image