O xulgado de Trives abre dilixencias penais contra a mina da Penouta

Información
03 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 540 votos
  • O xulgado de instrucción de Trives abriu dilixencias penais por delito contra o ambiente contra a mina da Penouta, tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción.
  • Na denuncia, a organización ecoloxista alertaba que os niveis de cadmio nun rego próximo á mina da Penouta superan 112 veces o máximo legal, mentres que os de arsénico están 30 veces por riba dos límites permitidos.
  • A Confederación Hidrográfica Miño Sil négase a facilitar información sobre as análises realizadas por este organismo na contorna da explotación mineira. Ecoloxistas en Acción sinala que este oscurantismo da Confederación dificulta o procedemento xudicial.

O xulgado de instrucción de Trives abriu dilixencias penais por delito ambiental contra a empresa e directivos da mina da Penouta, en Viana do Bolo, tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción. A organización ecoloxistas presentou unha denuncia contra a mina da Penouta, propiedade da empresa canadense Strategic Minerals Europe, logo de que as análises realizadas por un laboratorio acreditado pola administración hidráulica, na contorna da explotación mineira, amosaran niveis alarmantes de concentración de metais pesados. 

 

Segundo estas análises, nun dos regos situados augas abaixo da mina, precisamente dentro da Rede Natura 2000, os valores de cadmio, substancia tóxica e canceríxena, superaban 112,5 veces o valor máximo permitido polas normas de calidade ambiental. Os valores de arsénico tamén estaban 30 veces por riba do nivel legalmente permitido. No caso dunha captación dunha traída de augas analizada, superábase igualmente o límite máximo para arsénico en augas de consumo humano. 

 

As análises revelan ademais que os niveis de metais pesados son máis altos dos que a empresa mineira medira fai 10 anos, con anterioridade ao inicio da explotación, de modo que a contaminación non pode atribuirse á antiga atividade dos anos 80. Por iso, na denuncia formulada tanto contra a empresa mineira como contra os principais directivos de Strategic Minerals, exponse que estes serían presuntamente responsables dun delito contra o medio ambiente e os recursos naturais, na súa modalidade agravada de risco para a saúde das persoas.

 

Estes feitos puxéronse tamén en coñemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo competente na custodia da calidade da auga. Unha vez iniciadas as dilixencias xudiciais, Ecoloxistas en Acción solicitou información á Confederación Hidrográfica sobre as mostraxes realizadas por este organismo no ano en curso, para así incorporalas ao expediente aberto no xulgado de instrucción da Pobra de Trives. A pesar da importancia desta información para o proceso xudicial, o Comisario de Augas e o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil negáranse a facilitar os informes cos resultados das súas mostraxes, contravindo a Covención de Aarhus que garante o acceso á información sobre emisións ao ambiente.

 

Presentamos un recurso de alzada ante a negativa da Confederación de dar acceso a información ambiental, mais a resposta do organismo foi manter a ocultación dos datos analíticos. Non imos consentir esta opacidade, cando ademais a empresa mineira anunciou ter coñecemento dos informes das últimas mostraxes da Confederación Hidrográfica. Están impedindo a acción da Xustiza”, declara Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción, quen ademais asegura que están estudiando medidas xudiciais contra o escurantismo da Confederación Hidrográfica.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV