O proxecto Vémonos no monte!” combate as especies invasoras a ambos lados da raia

Información
22 Febrero 2023 - Agenda - 6089 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

TRES DIAS DE DESACACIACIÓN, DESEUCALIPTIZACIÓN, ACTIVIDADES CULTURAIS, FORMATIVAS E DE CONVIVIO NO PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GERÊS (PT) E PARQUE NATURAL DO XURÉS (GZ)

As Brigadas Deseucaliptizadoras lanzan unha nova convocatoria do proxesto transfronteirizo “Vemo-nos no monte!” que promove intercambios de traballo, formación, cultura e convivio entre iniciativas de combate ás especies exóticas invasoras na Galiza e Portugal.

Logo das experiencias na Serra da Estrela (Portugal) e Meira (Moaña) en 2022, nos dia 24 a 26 de febreiro organízase unha brigada transfronteiriza no Baldio de Campo de Gerês e na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo (en Lobios), situados respectivamente no Parque Nacional da Peneda-Gerês e no Parque Natural do Xurés.

Os traballos e actividades realizaranse durante todo o fin de semana e farase reserva para as participantes na Pousada da Juventude do Gerês. No sábado de mañá desacaciaremos no Baldio de Campo de Gerês e no domingo de mañá continuaremos cos traballos de deseucaliptización no MVMC de Xurés-Riocaldo. No sábado de tarde realizarase unha xornada formativa impartida por Elizabete Marchante, investigadora do Centro de Ecologia Funcional da Universidade de Coimbra e coordenadora do portal Invasoras.pt
 

Vemo-nos no Monte!

A iniciava lánzase partindo dos catro anos de experiencia das Brigadas deseucaliptizadoras, proxecto de voluntariado lanzando por Verdegaia en 2018 e premiado internacionalmente, a través da asociación de colaboración entre a Fundación CEER (Rede de Universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal), a Fundación Montescola e o colectivo portugués À Escuta, contando co financiamento do programa europeo Erasmus+.

Ao longo de 18 meses, “Vémonos no Monte!” desenvolve un programa de actividades composto por xornadas de intervención teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, seminarios transfronteirizos e obradoiros de capacitación técnica, entre outras iniciativas que inclúen a elaboración de materiais educativos.
_________________Erasmus+ é un programa europeo que apoia a educación, a formación, a xuventude e o deporte. Dispón de un orzamento aproximado de 26 mil millóns de euros que no período 2021-2027 incide na inclusión social, nas transicións ecolóxicas e dixital e na promoción da participacións dos xovens na vida democrática

Categoría: Agenda
Visto: 6089