Son 71 mozos e 40 rapazas menores de 21 anos en Junior QS 1000 e e 21 mozas e 23 homes en Longboard QS 1000 da Liga Mundial de Surf Profesional
As e os mellores surfistas galegos poderán obter un dos catro pases directos a categoría principal no Open Galego
Ferrol, 21 de xuño.- Mais de 150 surfistas da élite internacional daránse cita a vindeira semana nas praias de Ferrol para competir nas dúas primeiras probas do calendario da Liga Mundial de Surf Profesional (World Surf League) que se disputan este verán en Galicia.
Serán dúas probas en paralelo do 25 ao 29 de xuño en aguas da Fragata e de Esmelle con epicentro no cámping de As Cabazas, en Cobas (Ferrol).
Dunha banda, o campionato de Longboard QA 1000. É a modalidade máis elegante e clásica do surf, que semelle unha danza nas ondas pola mobilidade e o desprazamento que lles permite a táboa.
Nesta categoría compiten 23 homes -entre eles Antonio Dantas, Martin Corel e Edoard Delpero, e 21 mozas na categoría femenina, entre elas, a número un do top europeo, Alice Lemoigne -gañadora no 2024-, xunto a outras tan destacadas como Emily Currie e Caimi Ginger (2012), a máis noviña do circuito, con 13 anos e vixente campioa de España. Presenza tamén de dous talentos como Nicolás Andrade e Alaitz Castro.
Doutra banda, o campionato Junior QS 100o promete vértixe, velocidade e as maniobras máis acrobáticas da man das mellores promesas sub 21 anos. Nesta categoría sob máis de cen os inscritos: 71 mozos e 40 rapazas. Destacan os españois Kai Odriozola e Dylan Donegan, que lideran o ránking e curiosamente compiten xunto e contra os seus propios irmáns, Hans e Connor. Entre os galegos máis prometedores, Sebas Baamonde.
Entre as rapazas, Sol Borrelli, Sarah Leiceaga ou Kenia Carril, nun gran estado de forma e que prometen un gran espectáculo dando a batalla polo podio nas nosas augas.
CONCERTOS, MINIMARKET E PISTA DE SKATE
Lembrarvos que o Gadis Surf Festival Ferrol arrinca o mércores 25 até o domingo 29, cando se disputarán previsiblemente as grandes finais. Durante o evento, que ten a súa base no camping de As Cabazas, estará habilitado de 10 a 14 e de 16 a 20 horas o espazo “Corresponsables” completamente de balde, para favorecer a conciliación entre deporte e familia, apostando pola igualdade e o xogo inclusivo, da man da Consellería de Política Social e Igualdade.
Haberá pista de skate, bautismos de surf, zona de picnic e lecer, food trucks con opcións de almorzo e xantar e merendas, ademais de xeados (Bico de Xeado) e un minimarket con marcas locais como Waves, de roupa deportiva e surfeira, artesanía, tatuaxes, eomplementos para mascotas con materiais respectuosos e reciclados.
E música….! Na fin de semana, antes do solpor, concertos en directo da man de Smile, Aum Reggae ou Edu Calvario.