Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Lánzase o primeiro episodio de “Folcast”, un podcast da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Información
20 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 285 votos

Homenaxe Concha Agrade

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentou o pasado domingo 18 o seu proxecto de radio en liña “Folcast”. A presentación tivo lugar en A Grade, Chantada, nun acto de homenaxe a Concha Casal Eiriz, veciña da parroquia e unha das informantes de Dorothé Schubarth. 

No acto, celebrado na casa que fora da propia cantareira, participou Iria Castro, responsable da área de Cultura da Vicepresidencia, acompañada por Suso do Rei, fillo de Concha, pola intérprete e investigadora Alba María, a técnico do APOI, Isa Vigo; e Xosé Gago, un dos responsables de Folcast. O acto foi animado polas pandeireteiras Dakidoasma interpretando pezas recollidas a Concha de Agrade e tamén pola poeta Noa Moreira, quen recitou un poema escrito por Concha.

Durante o acto debullouse o contido deste primeiro episodio que se lanza hoxe e no que se analiza a figura desta cantareira chantadina. Para tal fin, no episodio, ademais das súas creadoras Branca Villares e Xosé Gago, participan Suso do Rei, Alba María, Isa Vigo e a etnomusicóloga Xulia Feixoo. Ademais, o episodio conta con participacións musicais como a de Pedro García, de Pan Sen Fron ou Antía Vázquez de Alana e tamén a de Noa Moreira.

Este episodio é o primeiro de dez e tal como indican os seus responsables, “é un episodio especial, centrado nunha figura concreta. Nos seguintes percorremos distintos territorios da provincia atendendo ás particularidades da oralidade existentes en cada lugar. O que si mantemos é unha estrutura baseada en entrevistas para ofrecer unha ollada plural e entendendo o Coñecemento como unha construción colectiva”.

Para acceder ao episodio, pódese buscar o perfil de “Folcast” en Spotify ou acceder ao perfil de Instagram de @folcast_radio, onde tamén se irán subindo outros contidos.

social youtube xornalgalicia   feed-image