Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Escola dos Pobos chega a Lugo para impulsar a loita por un mundo rural vivo

Información
02 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 264 votos

Cartaz_EscolaDosPobos.jpg

Este mércores 7 de maio, ás 19:30h., no CS Mádia Leva (Lugo), presentación na Galiza do proxecto Escola dos Pobos

O SLG é unha das máis de 50 organizacións que participa na campaña de impulso deste centro rural de sabedoría popular

Lugo, 02 de Maio 2025. O vindeiro mércores 7 de maio ás 19.30h. terá lugar no CS Mádia Leva de Lugo (Rúa Serra de Ancares, 18) a presentación da Escola dos Pobos  'Josefa Martín Luengo', un espazo formativo-experiencial que se está a desenvolver na localidade de Quecedo de Valdivielso (Burgos). Esta iniciativa popular está impulsada por Memoria Viva de los Pueblos, a Revista Soberanía Alimentaria, Biela y Tierra e a Universidade Rural do Cerrato, co apoio de máis de 50 organizacións a nivel estatal, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas SLG-CCL.

Abondando no noso apoio a este proxecto, o vindeiro mércores o apicultor e integrante da Executiva Nacional do SLG-CCLL, Brais Álvarez, debullará polo miúdo canda Pablo Simón da Escola dos Pobos os pasos a dar colectivamente para facer realidade este espazo rural de sabedoría popular, así como a proxección da súa acción de incidencia social no futuro.

A Escola dos Pobos ten dous obxectivos principais: a formación de persoas promotoras de vida que favorezan a revitalización e defensa dos nosos territorios e a creación dun espazo de formación para o movemento social que sirva para fortalecer os lazos entre as contornas rurais e urbanas, así como o seu respecto e coñecemento mutuo, imprescindible para a supervivencia de ámbalas partes.

Para o seu impulso lanzouse a través da plataforma goteo.org unha iniciativa de micromecenazgo para habilitar as súas instalacións a través da transformación dunha antiga casa solariega do século XVI neste espazo de formación, cultura e encontro, unha proposta que superou a primeira fase da campaña de financiamento colectivo co apoio de máis de 500 mecenas, alcanzando os 56.786 €.

O obxectivo é agora acadar nos seguintes 9 días a contía total dos 90.000 € orzamentados para comezar coa transformación do edificio en ruínas. Para facelo realidade, ofrecen diversas recompensas grazas á implicación de entidades e persoas do entorno do Val de Valdivielso, entre as que podemos escoller rutas de montaña, arqueoloxía, ornitoloxía, pastoreo ou enoturismo, obradoiros musicais ou artísticos, ademais de obras de arte doadas por diversos artistas.

Para coñecer todas as recompensas dispoñibles, recoméndase visitar o seguinte enlace en https://www.goteo.org/project/la-escuela-de-los-pueblos, onde tamén se pode atopar información sobre o vindeiro Festival da Memoria, co que se porá fin á campaña.

O Sindicato Labrego anima a toda a cidadanía a informarse e participar cas súas aportacións na recuperación e acondicionamento das instalacións necesarias para comezar coas clases, obradoiros, aloxamento das persoas asistentes ás formacións e un espazo común que poderá ser usado pola comunidade e outras asociacións.

Dende o SLG-CCLL estamos convencidas de que a Escola dos Pobos converterá a comarca das Merindades na capital dos saberes tradicionais, da cultura popular e da loita por un mundo rural vivo.

social youtube xornalgalicia   feed-image