Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Dez anos de cárcere á veciña de Paderne que asasinou o seu marido

Información
29 Noviembre 2024 - Agenda 336 votos - Correo electrónico - Imprimir

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade co veredicto do tribunal do xurado, condenou, como autora dun delito de asasinato consumado, previsto no artigo 139 do Código Penal, concorrendo unha eximente incompleta do artigo 21.1ª, en relación coa previsión do artigo 20.1ª, de actuar por mor dunha alteración psíquica, á pena de dez anos de prisión á muller que matou o seu marido no municipio de Paderne. O Tribunal do Xurado considerou acreditado que, con ánimo de causarlle a morte, golpeou ao seu marido cun raño ou similar cando estaba a durmir ou descansando e desprevido na cama dunha das habitacións da vivenda familiar. Nesa situación, segundo entendeu probado o xurado popular, “o agredido non tiña posibilidade de defenderse, o que foi aproveitado pola autora para asegurar o resultado de morte pretendido”.

Ademais, os membros do xurado consideraron acreditado que a acusada padecía un trastorno bipolar e un trastorno da personalidade, que provocaban unha diminución relevante das súas capacidades mentais. No momento de executar os feitos, segundo consta na sentenza, “mantiña a capacidade de comprensión das súas accións, pero tiña reducida de forma apreciable á súa capacidade de control de impulsos debido a aquelas afeccións mentais, a non seguir o tratamento e ao consumo de alcol nesas circunstancias”. Por eses motivos, o Tribunal do Xurado concluíu que “non chegou, a pesar de querer e coñecer o seu alcance, a valorar de forma a suficiente os resultados e consecuencias prexudiciais da súa acción por falta de análise e reflexión, deixándose levar polo seu propio impulso”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

También te puede interesar :

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal