Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Comunicado PSdeG

Información
12 Junio 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 560 votos

logosocialistas.png

Desde o PSdeG gustaríanos destacar a maneira na que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afrontou unha situación complexa, asumindo o erro de confianza, pedindo desculpas á cidadanía e adoptando as decisións necesarias no momento no que coñeceu todos os datos. A rapidez na resposta e a firmeza nas decisións reflicten o compromiso do PSOE cos principios que sempre defendeu: honestidade, transparencia e responsabilidade pública.

Oxalá todos os partidos actuaran do mesmo xeito cando se enfrontan a situacións delicadas. A diferenza doutros responsables políticos que adoitan agocharse ou buscar escusas, o secretario xeral do PSOE deu a cara desde o primeiro momento, asumiu o erro e tomou decisións no mesmo día. Este comportamento representa a calidade democrática que a cidadanía espera dos seus representantes.

 

Desde Galicia, reafirmamos o apoio a este modo de entender a política: dar explicacións, asumir responsabilidades e actuar con rigor cando as circunstancias así o esixen. A estabilidade institucional e a confianza da cidadanía están por enriba de todo.

social youtube xornalgalicia   feed-image