Diante da estratexia de chantaxe e fake news das grandes compañías que prestan servizo á mutualidades sobre os riscos de que colapse MUFACE se non é incrementan nun 40% os fondos que reciben do Estadio, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ADSP queremos sinalar que:
1. Non é verdade que as aseguradoras estean ao bordo da quebra polas primas que reciben por cada funcionario/a que deben atender. En 2023 gañaron 10.500 millóns de euros (a contribución do mutualismo administrativo foi tan do 17%). As aseguradoras están a multiplicar as súas ganancias grazas aos seguros privados complementarios (que xa contratou o 25% da poboación) grazas á política de recortes e desmantelamento da Atención Primaria de moitos gobernos autonómicos gobernados polo Partido Popular
2. Non é verdade que se desaparecese MUFACE vaia a colapsar o sistema sanitario, dado que supoñería apenas un 2% a demanda
3. Non é verdade que MUFACE aforre gasto ao sistema sanitario xa que na súa inmensa maioría aten a persoas mozas que gozan de boa saúde. As persoas de máis de 65 anos (minoritarias en MUFACE) realizan un gasto sanitario tres veces maior que o resto da poboación.
Consideramos inaceptable que:
- O goberno siga mantendo un sistema obsoleto que a Lei Xeral de Sanidade de hai case 40 anos declaro a extinguir e cuxo único obxectivo é subvencionar ás grandes aseguradoras privadas con fondos públicos.
- O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública prolongue artificialmente un modelo de atención sanitaria que debería depender do Ministerio de Sanidade e debería estar descentralizado aos Servizos de Saúde Autonómicos como o resto da sanidade publica.
- Un goberno progresista financie servizos privados para a atención sanitaria de servidores públicos
- Algúns sindicatos que representan ao persoal funcionario do sector publico acepten e participen dunha chantaxe promovida polo sector privado e esixan que se prolongue un situación de privilexio (mentres manteñen as vantaxes do funcionariado público (estabilidade, seguridade, contratación indefinida …).
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- 514 millones de euros en subvenciones del Gobierno de España a la Cruz Roija acabaron en sueldos de los altos cargos y personal
- ADEGA presenta demanda na Audiencia Nacional contra a autorización das obras do treito II da A-57
- Los vecinos piden una moción de censura para acabar con las indecencias de esta corporación del BNG en Cangas