Es Noticia | #Rueda |  Besteiro  |  PSdeG  |  Elecciones 18F |   Jácome   |  Lage Tuñas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Pesca Ilegal | Paloma Rueda

BESTEIRO ASUME COMO PRIORIDADE PROMOVER A MODERNIZACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

Información
12 Febrero 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 282 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O candidato á presidencia da Xunta subliña que “cos socialistas as axudas pasan do papel á realidade da frota pesqueira”

Adianta que grazas á xestión socialista pronto se poderá acceder aos 50 millóns do PERTE Mar-Industria dirixidos a que as empresas transformadoras desenvolvan proxectos estratéxicos de economía circular e dixitalización

Fronte o compromiso e a xestión socialista, denuncia “a incompetencia” da Consellería do Mar que perdeu 150 millóns de euros do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2015-2020

Celeiro, 12 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a priorizar a modernización e a dixitalización do sector pesqueiro galego apoiando de maneira directa e firme ás confrarías de pescadores, Organizacións de Productores Pesqueiros (OPPs) e ás asociacións representativas do sector neste proceso para o que é fundamental aproveitar cada céntimo dos fondos chegados de Europa.

 

Así, o candidato socialista comprometeuse a sacar á consellería do Mar do estancamento e a mellorar a xestión do novo fondo das políticas marítima, pesqueira e acuícola da Unión Europea (FEMPA) proposta para o período 2021-2027 “para que a frota pesqueira galega non perda nin un céntimo e desenvolva a toda a súa competitividade”.

Así, fixo fincapé no compromiso de traballar desde o próximo Goberno da Xunta man a man “para avanzar no desenvolvemento do sector pesqueiro da Mariña e de toda Galicia desde o horizonte da dixitalización, a xestión sostible e a protección do medio ambiente aproveitando cada céntimo que chegue de Europa”.

 

Fronte a xestión socialista, Besteiro denunciou “a incompetencia” da Consellería do Mar que perdeu 150 millóns de euros de investimento no sector pesqueiro procedentes do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2015-2020. Sinalou que “dos 300 millóns que lle correspondían a Galicia a Xunta de Rueda só foi capaz de executar o 49%; unha xestión desastrosa que compromete de maneira directa a pervivencia dun dos sectores máis importantes da economía galega”, incidiu.

O candidato socialista á presidencia da Xunta asegurou nunha reunión coa Asociación de Produtores do Porto de Celeiro que “cun goberno socialista liderando a Xunta o sector pesqueiro por fin será escoitado”. Afirmou que o apoio á industria do mar séguese demostrando día a día desde o Goberno de España, “coa ansiada xestión en Bruxelas de fondos europeos específicos no marco do PERTE Agroalimentario”.

 

Besteiro recordou que o PERTE Mar-Industria era unha das principais demandas da industria do mar, asegurando que “pronto se poderá acceder aos 50 millóns de euros que vén de anunciar o ministro, Luís Planas, para que as empresas transformadoras poidan desenvolver proxectos estratéxicos de economía circular e dixitalización”.

 

“Demostramos unha vez máis que os socialistas cumprimos e facemos que as axudas pasen do papel á realidade das empresas, porque cremos nunha Galicia con máis e mellor economía, con máis emprego, con máis dereitos e con máis ambición de país”.

 

O candidato socialista puxo de manifesto o “gran traballo” dos produtores do porto de Celeiro, “sinónimo de bo facer e de éxito na industria, que se exemplifica nas súas capturas e na súa frota”. Subliñou que a industria do mar en Galicia é a punta de lanza do desenvolvemento do sector pesqueiro español e animou aos produtores de Celeiro a seguir traballando na senda da innovación para gañar competitividade.

 

Besteiro tamén avogou por unha estratexia galega do mar que implique a todos os actores do sector mar-industria e sume esforzos para mellorar a capacidade de negociación da Xunta en Europa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxes no flickr do PSdeG

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Privacidad y uso de cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.