Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

As XVIII Xornadas Xurídicas de Sarria analizarán a reforma da Xustiza ante a sociedade do século XXI

Información
30 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 479 votos

logocookisxornalgaliciaAs XVIII Xornadas Xurídicas de Sarria ‘Román García Varela’, que se celebrarán na Casa da Cultura da localidade os días 4, 5 e 6 de xuño, abordarán a reforma da Xustiza ante a sociedade do século XXI. O encontro, ao que asistirá unha trintena de xuíces e xuízas de diferentes comunidades, está organizado polo Concello de Sarria e forma parte do programa de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). O expresidente do Tribunal Supremo Francisco Marín Castán impartirá a conferencia inaugural, mentres que Cándido Conde Pumpido, presidente do Tribunal Constitucional, clausurará as xornadas.

Ao longo dos tres días, os/as especialistas analizarán en mesas redondas asuntos como a división de poderes e o Estado de dereito, a lexitimidade democrática do Poder Xudicial, a independencia, os retos da reforma xudicial, as novas competencias dos xulgados de violencia sobre a muller, o impacto dos Medios Adecuados de Solución de Controversias (MASC) ou os riscos asociados ás novas tecnoloxías.

Dirixidas polo letrado da Administración de Xustiza Román García-Varela Iglesias e polo catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema Devesa, contarán coa presenza de prestixiosos relatores, entre eles un expresidente do CXPX, maxistrados/as do Tribunal Supremo, expresidentes/a do Tribunal Constitucional, o presidente da Sala Anticorrupción da Corte Superior de Xustiza de Lima, a coordinadora do proxecto de implantación dos Tribunais de Instancia, a exdirectora da Axencia de Protección de Datos e o presidente do Consello Consultivo. Ademais dos asistentes presenciais, as sesións poderanse seguir en directo de forma telemática a través do centro de Lugo da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

As Xornadas Xurídicas de Sarria ‘Román García Varela’ tiveron a súa orixe en 2007 e, tras o falecemento do seu fundador, en 2013, continúan celebrándose anualmente en memoria do maxistrado. Esta XVIII edición comezará o vindeiro mércores, 4 de xuño, ás 16 horas.

social youtube xornalgalicia   feed-image