Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

“ALTRI é unha ameaza existencial para as comarcas afectadas”

Información
08 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 266 votos

GaliciaRueda ¡ Construyendo mi futuro y el de mi tia Paloma Rueda ¡ Altri-Ence  sí! solo es cuestión de tiempoMadrid, 08 de maio de 2025. Unha representación de Movemento Sumar Galicia asistiu na tarde do xoves á concentración convocada pola plataforma Ulloa Viva ante o Congreso dos Deputados.

Acudiron a vicepresidenta, Yolanda Díaz, a coordinadora estatal, Lara Hernández e o deputado por Coruña, Manuel Lago, quen afirmou que “a implantación dunha nova planta de produción de celulosa é incompatible coa estratexia de descarbonización da industria”.

 

O deputado e portavoz de industria no Congreso, considera que a instalación dunha nova celulosa en Galicia é un “grave erro en termos de estrutura económica” e de especialización produtiva, xa que, na súa opinión, “é unha industria de enclave, que apenas xera riqueza, emprego e benestar no territorio onde se implanta”. Considera ademáis que ten consecuencias negativas medioambientais e económicas de enorme relevancia.

Considera ademáis que a pretensión de ALTRI de recibir 250 millóns de euros de diñeiro público é “unha idea absurda”.

 

Sinala a comparación coa industria do automóbil, un sector que considera fundamental na descarbonización ao substituír os motores de combustión por eléctricos, e que dá emprego a 20.000 persoas en Galicia, e só recibiu 56,4 millóns do PERTE do vehículo eléctrico.

 

“A multinacional portuguesa quere instalárse en Galicia porque no seu país non a queren”, indica Lago. “Mentres de nós dependa, ALTRI non vai poñerse a funcionar en Galicia”.

 

“A celulosa é unha ameaza existencial para a economía das comarcas afectadas”, afirmou, engadindo que “está estreitamente vinculada á economía familiar, aos aproveitamento do entorno natural e ao sector primario”.

También te puede interesar :

social youtube xornalgalicia   feed-image