A CMR avanza a aprobación dunhas axudas que non abarcan nin gastos veterinarios, nin abortos, nin baixadas de produción
Os gastos veterinarios concrétanse en 20€ por animal censado e non inclúe os positivos non obtidos con probas de sangrado
Compostela, 02 de Outubro 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo, reuníronse hoxe con Asaga e Unións Agrarias.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), que fomos a única organización agraria que estivemos denunciando os problemas da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) e demandando axudas e medidas, non foi convocado a esta xuntanza.
“Se cadra como nós pedimos que cubran todos os gastos derivados perdas, abortos, baixadas de produción etc. non lles interesa oír. É incríbel que non cubrindo estas cuestións básicas inda se atrevan a declarar que pode que lles sobren cartos entre o que aporta o Ministerio e o que cofinancia a comunidade”, apunta a Secretaria Xeral do SLG, a gandeira Isabel Vilalba. “Polo que adiantaron non só non van pagar este tipo perdas, senón que só van cubrir os casos nos que se sangrasen aos animais e desen positivo. Isto é descoñecer, ou obviar, as situacións ás que nos estamos tendo que enfrontar as gandarías, comezando polo feito de que no seu día os veterinarios oficiais non daban chegado ás granxas para sangrar e a xente moitas veces viuse obrigada a recorrer aos clínicos como puido, ao que hai que engadir que logo hai moitos retrasos nos laboratorios”.
Dende o SLG-CCLL reiteramos que as axudas ás granxas gandarías deben cubrir todos os casos nos que estivo a enfermidade. Ademais, insistimos en que a Consellaría debería tamén valer as probas no caso de animais tratados polos clínicos.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Los vecinos piden una moción de censura para acabar con las indecencias de esta corporación del BNG en Cangas - 20/10/2024 09:31
- Tui, Valença, Ciudad Rodrigo, Almeida e Marvão presentan o proxecto conxunto para as fortalezas abaluartadas. - 29/10/2024 17:35
- Los Reyes presidirán el próximo martes la reunión del Patronato del Instituto Cervantes en el Palacio de Aranjuez - 01/11/2024 10:58