A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública aposta por unha nova gran mobilización contra as listas de espera en toda Galicia antes do verán
O SERGAS ocultan a miles de pacientes nas hospitalaria nas chamadas Listas No estruturais nas que acumúlanse un 36% das publicadas.
1. En Atención Primaria a media e de 7 dias chegando nalgúns casos a 15 dias ou un mes, cando antes non existían deste nivel asistencial
2. En Hospitais son maiores que antes da COVID incumprindo as promesas de rexeneración y mellora do Sistema Sanitario Público da Xunta de Galicia:
- As listas cirúrxicas son un 28% máis altas; os que esperan máis dun creceron un 83%, e a espera media alcanza os 76,5 días, un 17,7% mais
- Nas de primeira consulta os pacientes creceron un 15%, os que esperan máis dun ano 1creceron un 25%. A espera media de 60,8 días, un 19,3 % superior.
- En radioloxía creceron un 18,4%, os que esperan mais dun ano creceron un 93,1% e o tempo de espera un 13%
Consecuencias
As listas de espera en Galicia afectan a saúde física e mental, agravan as complicacións e favorecer a mortalidade evitable, deterioran a imaxe do Sistema Sanitario Público; favorecen a concertación cos Centros Hospitalarios Privados (242,4 millóns); promoven a contratación de seguros privados complementarios (atenden xa ao 17% da poboación); e son responsable dos colapsos dos servizos de urxencias hospitalarios.
A contratación de seguros privados non e a solución dado que segundo datos da propia patronal (Alianza da Sanidade Privada Española) tiveron esperas de máis de tres meses para unha cita cun especialista, un ano para unha proba diagnóstica ou devolven procesos graves e custosos ao Sistema Público
Propoñemos para bordar este grave problema:
Acabar coas listas ocultas; incrementar a actividade nos hospitais públicos; recuperar o recortado (especialmente en Atención Primaria); unha política de persoal incentivadora; promover a Cirurxía Maior sen Ingreso, Hospitalización de Día, Hospitalización a Domicilio e Cirurxía Menor en Atención Primaria; utilizar plenamente os hospitais públicos; ou esixir a dedicación exclusiva ao persoal medico que traballo o a sanidade pública.
Para conseguir esta obxectivo é necesario continuar e incrementar a mobilización social en alianza co persoal do sistema sanitario público.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública