A Mesa apoia os dous avogados galegos que reclaman ao INSS 50.000€ por se lles negar a atención en galego

Información
03 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 540 votos
A entidade de defensa da lingua recorda que a maioría das consultas recibidas pola Liña do Galego (536 en 2022) teñen a ver con situacións onde inicialmente se nega a persoas usuarias de servizos públicos e privados a posibilidade de usar e recibir atención en galego
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024.- A Mesa pola Normalización Lingüística amosa o seu apoio aos dous avogados lugueses que veñen de anunciar publicamente o rexistro dunha reclamación ao INSS, polo incumprimento da recente Lei Integral de Igualdade de Tratamento e non Discriminación, que protexe á cidadanía tamén contra a discriminación por razón de lingua.

A reclamación, que está pendente de estudo, pode supor para o organismo unha multa de ata 50.000 euros, por "condutas discriminatorias graves", como as que describen os Miguel Vieito Villar e Cristina Fernández Lago, aos que unha funcionaria da Delegación Provincial do INSS lles negou a resolución dunha consulta, en varias ocasións, por non falar en español. A resposta que recibiron, ao negarse a abandonar a nosa lingua, foi: “Me tienes que hablar castellano si quieres que te responda. Aquí somos todos castellano-parlantes”.Os avogados non se explican tal nivel de hostilidade, represalias e agresividade só por falaren na súa lingua. “As Administracións públicas con sede no país teñen obriga de dispensar un tratamento na lingua escollida polos administrados; neste caso, o galego”, afirman. E engaden: “a actitude e o desprezo co que fomos tratados foi totalmente inaceptábel". "Por desgraza, non se trata dun feito illado, senón no día a día das persoas galego-falantes”, rematan.En efecto, como ven denunciando A Mesa nos seus informes anuais da Liña do Galego, un servizo gratuíto ofrecido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións ou empresas que vulneren os dereitos lingüísticos. “A chantaxe lingüística para forzar ás usuarias e usuarios de servizos a deixar de falar galego está á orde do día”, salienta o presidente da Mesa, Marcos Maceira. “Vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas relacións coas institucións públicas ou privadas, mais como na práctica éstas se negan a corresponder, ese dereito non se pode exercer”, resume Maceira. “Se a Xunta de Galicia quere fomentar realmente o emprego da lingua galega, debe comezar por eliminar os límites, as chantaxes e as coaccións que impiden levar a cabo unha vida no propio idioma”.
social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV