Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

20 anos de cárcere imposta a dous homes por obrigar a mulleres a prostituírse na Coruña

Información
03 Abril 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 309 votos

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de 20 anos e tres meses de prisión imposta pola Audiencia Provincial da Coruña a cada un dos dous autores de tres delitos de trata de seres humanos, en concurso medial con tres delitos de prostitución, e de tres delitos de inmigración clandestina. Os sospeitosos, segundo consta na sentenza, “con relación de parella entre os dous, actuando conxuntamente e con intención de obter ilícito beneficio”, entre os anos 2021 e 2022, desenvolveron unha actividade consistente en captar mulleres de orixe suramericana, xeralmente procedentes de Brasil, en situación de precariedade económica, para exercer a prostitución en España.

No apartado de feitos probados da resolución consta que, para ese efecto, as convencían de que ían realizar traballos regulares en España, e, cando chegaban, os acusados informábanlles “de que viñan exercer a prostitución e de que contraeran con eles unha débeda por importe de polo menos 10.000 euros, que serían descontados dos servizos sexuais que prestarían”. No caso de que algunha das mulleres manifestase a súa oposición ao pagamento así da débeda, os sospeitosos “dicíanlles que sabían onde vivían os seus fillos ou familiares no seu país de orixe”. Así mesmo, informábanlles de que lles esixirían o pago de polo menos 180 euros á semana polo uso da habitación na que vivirían e na que exercerían a prostitución.

 

“Fronte á exhaustiva, extensa, razoada e lóxica sentenza apelada, emitida sen visos de arbitrariedade ou voluntarismo, nos termos do artigo 741 da Lei de Axuizamento Criminal, non poden ser atendidos os elementos sinalados pola defensa que poderían levar á consideración de que as testemuñas non son fiables, de que faltaban á verdade nas súas declaracións: a necesidade de regularizar a súa situación en España, a súa situación marxinal que as levaría voluntariamente ao exercicio da prostitución, ou o feito de que a maioría dos inmigrantes que chegan a España soliciten permisos de residencia por medo á expulsión”, explica o TSXG na sentenza na que rexeita as alegacións dos condenados.

 

A Sala do Civil e Penal, ademais, destaca que “as declaracións dos acusados non introducen dúbida algunha sobre os feitos, ao non dar explicación razoable sobre os elementos que conforman o acervo probatorio de cargo, na medida en que se parapetan na negación, como pon de manifesto a sentenza apelada”.  O fallo non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

social youtube xornalgalicia   feed-image