Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria

Información
11 Abril 2023 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 3478 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Neste dia a Organización Mundial da Saúde reitera o dereito da poboación para gozar do máis alto nivel de saúde e que a atención primaria sexa a pedra angular de sistemas de saúde e fai un chamamento para que este día supoña unha oportunidade para reafirmar este dereito humano propoñendo unha serie de medidas para aplicar por todos os países do mundo:

• Promover iniciativas para fortalecer a AP e reflexionar sobre os seus logros

• Fortalecer e transformar os sistemas de saúde poñendo a AP como elemento central

• Comprometer á comunidade nas actividades do sistema sanitario

• Negociar os cambios necesarios entre autoridades, persoal sanitario e sociedade civil,

• Dar participación e capacidade de decisión á poboación no sistema sanitario

• Organizar os servizos de saúde de maneira integrada e centrados na atención primaria

• Renovar e potenciar os servizos de Saúde Pública.

Todas estas medidas forman parte das reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e contan co respaldo de boa parte da poboación como se demostrou a Manifestación do 12 de febreiro na Praza do Obradoiro no apoio ás medidas contempladas na Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a AP.

Temos aínda unha Atención Primaria das mellores do mundo segundo a propia OMS, polo que perdela supoñería un desastre de consecuencias incalculables para a saúde da poboación, para todo o sistema sanitario público e para o persoal sanitario. Ningún sistema, por forte que sexa, pode sobrevivir á falta de financiamento, de persoal e de mala organización e xestión.

 

Ata agora as únicas medidas adoptadas pola Xunta en resposta a Mobilización do 12 de febreiro no Obradoiro foron meros retoques para maquillar a realidade e suprimir a obrigatoriedade da dedicación exclusiva, que no resolveran os problema craves de falta de persoal (medicina familiar, pediatría, enfermaría e outros), baixo financiamento e pechaduras de Centros de Saúde e PAC.

A única estratexia da Xunta e desmantelar e privatizar a Atención Primaria e a Sanidade Pública

Para contribuír a esta celebración a Plataforma SOS Sanidade Pública decideu:

1. Celebrar o día 12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria con pequenos actos nas localidades

2. Convocar unha nova gran mobilización social e profesional con concentracións en tódalas localidades o día 26 de abril en defensa da Atención Primaria Pública e de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular

Manuel Martín. Voceiro

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia de Noticias ANAI
  • Tu opinión Cuenta Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • Pladesemapesga. ONG
  • Acción y Transparencia Pública.
  • Unirme al Wassap de XG
  • Suscribirme Canal Youtube XGRTV