Un Xulgado condena ao Concello de Oleiros a absterse de realizar campañas similares á que simula un atropelo á conselleira de Infraestruturas

Información
03 Octubre 2023 - A Coruña - 5244 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña acolleu o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta de Galicia fronte ao Concello de Oleiros pola realización dunha campaña de comunicación institucional. Durante a mesma, colocáronse carteis con proxección na vía pública coa lenda “Camiña, Xógate a Vida” e “Ollo que che pillan”, cunha imaxe dun coche simulando un atropelo á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. O maxistrado asegurou que o Concello infrinxiu a Lei 29/2005 de Publicidade e Comunicación Institucional e ordenou a retirada inmediata dos carteis. Ademais, condenou á demandada a contratar, nos medios de comunicación que se fixeron eco da campaña, a publicación dun anuncio no que se reproduza o fallo da sentenza, así como a absterse de colocar novos carteis con mensaxes similares. Ademais, advertiu que pode instarse, en execución de sentenza, de adquirir firmeza a mesma, a retirada inmediata de novos carteis de contido idéntico ou similar.

Na resolución, o xuíz explica que o principio de neutralidade da administración, como principio constitucional, preside a disciplina da publicidade institucional na Lei 29/2005. Iso, segundo o fallo, concrétase en requisitos e prohibicións que atenden “tanto ao contido da mensaxe como á proxección das devanditas campañas sobre o marco competencial e as relacións entre administracións públicas, que han de estar presididas polo principio de lealdade institucional”.

 

O maxistrado salienta que “non estamos ante unha actuación a título particular do alcalde de Oleiros, senón ante unha actividade do Concello de Oleiros”. Ademais, descarta que “poida acollerse dita campaña como un exercicio da liberdade de expresión, non xa polo alcalde de Oleiros, senón polo Concello de Oleiros, pois os dereitos e liberdades, no noso ordenamento constitucional, osténtanos os cidadáns fronte ao Estado e os poderes públicos, son dereitos fronte ao poder, non, desde logo, dos poderes públicos, non xa fronte aos cidadáns, senón tamén fronte a outra administración ou poder público”. Na sentenza, polo tanto, conclúe que a campaña conculca as prohibicións que contempla o artigo 4 da Lei 29/2005.

 

Entre elas, destaca a prohibición de campañas que “manifestamente menoscaben, obstaculicen ou perturben as políticas públicas ou calquera actuación lexitimamente realizada por outro poder público no exercicio das súas competencias”. Así, indica que “o ánimo dos carteis non pode ser outro que menoscabar e ridiculizar o exercicio das competencias propias en materia de estradas da Xunta de Galicia”.

 

O xuíz tamén sinala que a campaña “non só induce a confusión utilizando unha imaxe suxestiva da Xunta de Galicia, Xusta de Galicia, inducindo a esa confusión, senón que, a medio diso, non se identifica a súa autoría polo Concello de Oleiros”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación.

 

***

 

Un Juzgado condena al Ayuntamiento de Oleiros a abstenerse de realizar campañas similares a la que simula un atropello a la conselleira de Infraestruturas  

 

03/10/2023.- El Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 2 de A Coruña ha estimado el recurso contencioso-administrativo interpuesto por la Xunta de Galicia frente al Ayuntamiento de Oleiros por la realización de una campaña de comunicación institucional. Durante la misma, se colocaron carteles con proyección en la vía pública con la leyenda “Camiña, Xógate a Vida” y “Ollo que te pillan”, con una imagen de un coche simulando un atropello a la conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. El magistrado ha asegurado que el Ayuntamiento infringió la Ley 29/2005 de Publicidad y Comunicación Institucional y ha ordenado la retirada inmediata de los carteles. Además, ha condenado a la demandada a contratar, en los medios de comunicación que se hicieron eco de la campaña, la publicación de un anuncio en el que se reproduzca el fallo de la sentencia, así como a abstenerse de colocar nuevos carteles con mensajes similares. Además, ha advertido que puede instarse, en ejecución de sentencia, de adquirir firmeza la misma, la retirada inmediata de nuevos carteles de contenido idéntico o similar.

 

En la resolución, el juez explica que el principio de neutralidad de la administración, como principio constitucional, preside la disciplina de la publicidad institucional en la Ley 29/2005. Ello, según el fallo, se concreta en requisitos y prohibiciones que atienden “tanto al contenido del mensaje como a la proyección de dichas campañas sobre el marco competencial y las relaciones entre administraciones públicas, que han de estar presididas por el principio de lealtad institucional”.

 

El magistrado subraya que “no estamos ante una actuación a título particular del alcalde de Oleiros, sino ante una actividad del Ayuntamiento de Oleiros”. Además, descarta que “pueda acogerse dicha campaña como un ejercicio de la libertad de expresión, no ya por el alcalde de Oleiros, sino por el Concello de Oleiros, pues los derechos y libertades, en nuestro ordenamiento constitucional, los ostentan los ciudadanos frente al Estado y los poderes públicos, son derechos frente al poder, no, desde luego, de los poderes públicos, no ya frente a los ciudadanos, sino también frente a otra administración o poder público”. En la sentencia, por tanto, concluye que la campaña conculca las prohibiciones que contempla el artículo 4 de la Ley 29/2005.

 

Entre ellas, destaca la prohibición de campañas que “manifiestamente menoscaben, obstaculicen o perturben las políticas públicas o cualquier actuación legítimamente realizada por otro poder público en el ejercicio de sus competencias”. Así, indica que “el ánimo de los carteles no puede ser otro que menoscabar y ridiculizar el ejercicio de las competencias propias en materia de carreteras de la Xunta de Galicia”.

 

El juez también señala que la campaña “no solo induce a confusión utilizando una imagen sugestiva de la Xunta de Galicia, Xusta de Galicia, induciendo a esa confusión, sino que, a medio de ello, no se identifica su autoría por el Concello de Oleiros”. La sentencia no es firme, pues contra ella cabe presentar recurso de apelación.

Categoría: A Coruña
Visto: 5244
Attachments
Sentencia PO 107 22 Anonimizada.pdf [215.83Kb]
Uploaded Martes, 03 Octubre 2023 by xornalgalicia