Inés Rey discrimina ás persoas labregas ecolóxicas da zona de influencia fronte ás grandes empresas de alimentación

Información
12 Abril 2023 - A Coruña - 9171 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Xornal Galicia - Lage Tuñas e Inés Rey podrían esta ESTAFANDO FONDOS  EUROPEOS, PLADESEMAPESGA PREPARA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA CONTRA  AMBOS POR PRESUNTA MALVERSACIÓN. A poboación da cidade da Coruña corre o risco de ver desaparecer un dos poucos puntos de venda onde poder adquirir produto ecolóxico fresco fornecido por labregas e labregos da comarca: o mercado que se realiza unha vez á semana na praza de abastos de San Agustín. A xestión privada do mesmo, condicionada por lo pago mensual dunha taxa de 1000€ ao Concello por parte da empresa adxudicataria malia a contar cun número reducido de persoas produtoras, pon en entre dito a posibilidade de fornecer un servizo esencial como é o de proporcionar alimentos sans e de calidade á cidadanía.

A día de hoxe a única solución que nos propón o Concello é que aluguemos un posto no mercado para abrir tódolos días. Pero nós somos persoas labregas, non podemos realizar venda tódolos días, senón só un día á semana, precisamente porque precisamos o tempo para atender as nosas producións”, explican as produtoras. “Cómpre sinalar tamén que, cando nos instalamos no interior do mercado -onde algunhas levamos xa dende o 2015 realizando venda directa-, non gastamos auga nin luz, e ata as mesas que empregamos levámolas nós, polo que non causamos ningún gasto, simplemente estamos ubicadas nun espazo público adicado ao mercado de alimentos. A ordenanza municipal que regula estas actividades debería ser adaptada o antes posíbel a esta realidade, permitindo que sigamos presentes nas prazas de abastos, que é o natural, pagando por exemplo unha taxa simbólica”.

O Sindicato Labrego Galego solicitou xa unha xuntanza co Concello de A Coruña a fin de buscar respostas que permitan a supervivencia deste servizo. Lembramos neste sentido que, como sinala o Artigo Nº10 da Declaración dos Dereitos Labregos aprobada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), as persoas labregas teñen dereito a participar activa e libremente, xa sexa directamente ou por conduto das súas organizacións representativas, na preparación e aplicación das políticas, programas e proxectos que podan afectar á súa vida, terra e medios de subsistencia.

É incomprensíbel que a xestión dun espazo historicamente adicado á comercialización de alimentos, como é a praza de abastos de San Agustín, implique precisamente expulsar ás labregas e labregos do mesmo. A xestión privada deste tipo de servizos ao final sae moi cara á cidadanía, que neste caso pode verse privada do acceso a unha alimentación de calidade diferenciada, e a prezos que, a día de hoxe, en plena voráxine especulativa ca cesta de produtos básicos, son mesmo máis asequíbeis que os impostos pola agroindustria e a grande distribución.

O feito de que existan dificultades por parte do Concello da Coruña para garantir a venda directa destes produtos semella ir na liña da tendencia a reducir nas prazas de abastos os espazos de venda de alimentación, ao tempo que se potencian estratexias de ocio. Dende o Sindicato Labrego Galego queremos chamar a atención sobre o feito de que a entidade e peso que teñen as prazas de abastos na nosa cultura débese precisamente ás persoas labregas que historicamente proporcionan dende aí os seus produtos directamente á cidadanía.

É unha reivindicación necesaria tanto de produtoras como de consumidoras habilitar estes espazos para a venda directa, pero tamén é importante dispor deles para a relación entre produtoras e consumidoras, que é a que xera confianza nos produtos de proximidade, baixos en emisións, agroecolóxicos e, polo tanto, máis sostíbeis e a prezo adecuado.

Categoría: A Coruña
Visto: 9171