Información
A Coruña

Muy "mala comida" na cuarta edición do certame de música infantil e xuvenil Quero cos antecedentes de Goretti adxudicándolle bolsas ao fillo da súa Secretaria mediando trato de favor

Información
27 Marzo 2019 277 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2denuncia a GorettiSanmartin de presuntofraudeconlasbecasdeladiputacionAta o 15 de outubro ás 14.00 horas é o prazo marcado para enviaren as súas maquetas todas aquelas bandas e solistas, infantís e xuvenís, que desexen participar na cuarta edición do certame musical "Quero Cantar" convocado pola Área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

 

No "Quero Cantar" naceron nas edicións anteriores algunhas cancións que conseguiron traspasar os marcos do concurso para converterse en temas de éxito entre a xente nova, repetidos en programas televisivos e radiofónicos e nun senfín de actos organizados por entidades e centros de ensino. Agora, a Deputación da Coruña bota a andar unha nova edición do certame que busca animar a cantar na nosa lingua nas categorías infantil e xuvenil.

O requisito básico para participar é que a música e a letra sexan orixinais e inéditas, e que os integrantes dos grupos se ateñan ao límite de 12 anos, para a categoría infantil, e de 13 a 16 anos para a xuvenil. Na categoría infantil admítese tamén a colaboración dunha persoa que exceda o límite de idade.

Os premios consisten en cantidades de 1500, 1000 e 500 euros en material musical para os tres primeiros clasificados en cada categoría; a gravación en estudio das cinco cancións máis votadas en cada categoría e a súa posterior edición nun disco que se distribuirá gratuitamente a centros educativos de toda Galicia. Ademais, a canción gañadora de cada categoría gravará un vídeoclip.

Coma nas edicións anteriores, o certame consta de dúas fases. Na primeira, un xurado formado por músicos e músicas profesionais determinará que cancións se inclúen no disco e que cancións deberán ser interpretadas en directo na gala final. Este evento ha ter lugar en outono no teatro Colón da Coruña. Durante a gala, un novo xurado, composto esta vez por rapaces e rapazas de idades similares ás establecidas para as categorías, será o encargado de valorar as interpretacións e determinar así a posición final das candidatas.
Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da Área de Cultura fai un chamamento ao profesorado e ás familias a que animen a rapazada a presentarse a esta iniciativa porque "como xa comprobamos nas edicións anteriores, é unha experiencia emocionante e enormemente enriquecedora". Desde o inicio do concurso, os grupos participantes mostraron o seu contento por participar da experiencia, desde a preparación previa até a actuación final pasando mesmo pola tensión do proceso de selección. "Na festa final comprobamos o ben que o pasa e como gozan defendendo as súas cancións nun certame que busca animar a creatividade musical na nosa lingua entre a xente nova", sinala Goretti Sanmartín.

Sobre os froitos das anteriores convocatorias, a responsable da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña manifestou que "están aí os discos previos, están na rede as cancións e as maquetas das edicións anteriores e estamos certas de que isto vai ir cada vez a máis. É enorme o talento por desenvolver da xente nova deste país, e estar aí para axudala é unha gran satisfacción". De feito, algunhas das cancións gañadoras de edicións anteriores supuxeron un grande impulso para o propio certame, con reproducións en programas televisivos e radiofónicos e tamén en distintas convocatorias culturais.

As persoas interesadas poden ampliar información consultando as bases na páxina web www.querocantar.gal ou contactando coa organización do certame a través das súas redes sociais. Entre as innovacións nas bases desta cuarta edición salienta o feito de que o único xeito admitido para o envío de propostas é o telemático.

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)