Información
A Coruña

Formoso Deputación da Coruña convida aos alcaldes dos concellos a facer turismo institucional na Feira Internacional de Turismo de Portugal pra non asistir en solitarios

Información
19 Marzo 2019 350 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Presidente da  Deputación da Coruña convida aos alcaldes dos concellos a participar na Feira Ibérica de Turismo de Portugal que terá lugar na Guarda dos días 2 ao 5 de maio á que asiste como destino convidado. A FIT Guarda é o evento máis importante dedicado ao turismo na Península Ibérica. 

 

Como noutros eventos de promoción turística pero, neste caso, con especial interese, a área de Turismo da Deputación da Coruña convida os concellos a participar no espazo que abrirán na FIT Guarda. Nesta edición, como entidade convidada, a Deputación contará cun lugar máis amplo e privilexiado que abre para a promoción de produtos e servizos dos concellos ademais de poñer á disposición un autobús para o traslado até o evento.

A FIT Guarda ten como principais obxectivos fomentar o intercambio estratéxico e económico transfronteirizo, impulsando as relacións comerciais e o desenvolvemento turístico aos dous lados da fronteira. A feira está destinada a profesionais e público en xeral cun amplo programa de actividades de ocio, culturais e deportivas.

O director da FIT Guarda, Carlos Condesso, fixo público o nomeamento da Deputación da Coruña como convidada de honra no marco do encontro co deputado de Turismo, Xosé Regueira, na pasada edición de Fitur.

"A Deputación da Coruña xa participou na pasada edición da FIT Guarda e, por iso, coñecemos a repercusión e o alcance da feira e a relevancia para a promoción turística do noso territorio, de maneira especial, en Portugal", sinala o deputado Xosé Regueira

A Feira Ibérica de Turismo (FIT), organizada pola Câmara Municipal da Guarda coa intensa colaboración de Turismo de Portugal, chega este ano á súa sexta edición convertida nun evento de referencia para o sector de toda a península de maneira especial.

A FIT preséntase como o máis importante certame dedicado ao turismo dunha perspectiva ibérica e "unha oportunidade singular de divulgación, promoción, captación e desenvolvemento de fluxos turísticos e de valoración de recursos". Os seus obxectivos principais son o intercambio de coñecemento en todo o territorio e a intensificación das relacións comerciais entre operadores e axentes do sector para a promoción de produtos, servizos e recursos. Ademais da vertente profesional e de negocios, a FIT acolle numeroso público cun amplo programa de espectáculos musicais e actividades deportivas e de lecer.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)