Información
A Coruña

A Deputación da Coruña cofinancia un programa europeo de bolsas para alumnos coruñeses de FP, as de danza foron ao peto directo da do fillo da secretaria de Goretti

Información
11 Marzo 2019 406 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña cofinancia un programa europeo de bolsas para alumnos coruñeses de FP

A Deputación da Coruña destina 15.000 euros para cofinanciar, en colaboración co Concello da Coruña, unha nova edición do programa de bolsas "AcorEuropa", destinado a alumnos de Formación Profesional da cidade herculina. O convenio entre ambas as dúas administracións foi ratificado hoxe na sede da institución provincial .

 

A iniciativa, integrada no proxecto Erasmus+ 2014-2020, permite que cada ano 10 estudantes dos diferentes ciclos formativos de FP que se imparten nos institutos da cidade da Coruña completar a súa formación durante varios meses en países como Italia, Reino Unido, Irlanda ou Portugal.

Ademais deste cofinanciamento, a Deputación participa na execución do programa ofrecendo o seu asesoramento técnico, a elaboración da documentación destinada aos alumnos/as participantes, o apoio no contacto cos organismos intermediarios e a elaboración dos calendarios de traballo.

A Deputación destaca a contribución deste programa para mellorar a formación dos mozos e mozas coruñeses de cara a facilitar a súa futura inserción laboral, así como a oportunidade que supón para a aprendizaxe de idiomas, xa que as bolsas inclúen un programa de formación lingüística e cultural de 60 horas durante o mes anterior á saída dos alumnos ao país de destino.

Otros articulos relacionados.....