El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
A Coruña

O millo de Aranga, unha oportunidade para o desenvolvemento económico do concello

Información
20 Febrero 2019 2292 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

“Queremos activar a nosa economía apoiando desde o Concello os sectores produtivos de Aranga. A variedade autóctona do Millo de Aranga achega novas posibilidades de dinamización económica ao concello.”

“Poremos en marcha a primeira festa gastronómica en Aranga, centrada na nosa variedade de millo, que dotaremos dun selo de calidade, o que xerará un valor económico e contribuirá a poñer Aranga no mapa.”


“Organizaremos ademais encontros que aproveiten a tradición vencella ao produto, rehabilitando muíños para a moenda e as xornadas etnográficas, con foliadas, concurso de esfolla, busca da espiga raíña… todo para poñer en valor a cultura asociada ao millo de Aranga.”


Aranga, 19 de febreiro.- Un selo de calidade para o Millo de Aranga, convenios para estimular a súa produción e comercialización, xunto cunha festa gastronómica e un encontro etnográfico. Son algunhas das propostas nacionalistas para dinamizar o potencial produtivo e diversificar a economía aranguesa a partir dun dos recursos agrarios máis característicos do concello, como é o millo.

   

Un millo  que porá Aranga no mapa

O millo de Aranga é unha variedade autóctona catalogada polo CIAM de Mabegondo, que segundo o BNG o goberno local non está a valorar nin aproveitar, “nin a nivel agrícola nin hostaleiro nin turístico”. O candidato nacionalista lamenta o que para el é unha mostra máis da falta de ideas e dun proxecto de futuro no PP, que o fía todo á “política de asfalto e farolas” e non apoia nin pon en valor todo o gran potencial que ten o concello.

“O millo de Aranga é un símbolo da nosa identidade agraria e todo un motivo de orgullo, porque leva o nome do concello por Galiza adiante e une pasado e futuro de Aranga. Estamos convencidos de que vale a pena apostar nos produtos locais e poñelos ao servizo dunha política económica que dinamice e poña en valor os nosos sectores produtivos, auténtica base para a creación de emprego e por tanto, para o máis desexamos: fixar e recuperar poboación”, declara Díaz.


Festa gastronómica e muiñada

Para apoiar os seus argumentos, o grupo nacionalista pon como exemplo o referente de Bueu e súa a festa do millo corvo, declarada festa de interese turístico e que atesoura xa vinte edicións. “Tamén nós poremos en marcha a primeira festa gastronómica en Aranga, ao redor da nosa propia variedade autóctona e que contribuirá sen dúbida a poñer o concello no mapa”, declara o portavoz nacionalista. Unha festa que, ademais de reunir os veciños e atraer visitantes, quere servir como un programa de dinamización da hostalaría local, a quen se lle animará a desenvolver unha semana de tapas, comidas e sobremesas centradas neste produto. Como complemento a esta iniciativa organizaranse encontros para divulgar esta variedade, as peculiaridades do seu cultivo e o seu potencial aproveitamento gastronómico.


En paralelo, o BNG reivindica tamén a vertente máis etnográfica do millo e anuncia que celebrará unha muiñada, “unha boa maneira de pór en valor o noso patrimonio material e inmaterial e facelo para unir, como dicíamos o pasado de Aranga co seu futuro”, afirman desde o BNG. Os eventos festivos terán ademais outra virtualidade, a de reivindicar e poñer en valor o coñecemento que a propia poboación conserva sobre o ciclo de millo e o seu aproveitamento culinario.


Para a muiñada, o BNG propón a restauración e compra dun dos moitos muíños  do municipio, que sirva non só para moer o gran, “senón tamén como o lugar idóneo para a degustación e recreación das antigas tradicións asociadas ao millo, criando comunidade e fomentando unha identidade en positivo, un orgullo polas raíces”, explica Díaz.


“Celebraremos tamén encontros de produtos agrarios autóctonos para abordar problemáticas comúns e opcións posibles de desenvolvemento. Queremos situar Aranga como un punto de encontro para estas variedades de produtos, das cales hai varios casos na comarca.


“A nosa é sen dúbida unha iniciativa completa, porque é boa para noso agro, para a nosa hostalaría, pode desenvolver o agro turismo, incide no patrimonio material e inmaterial e ademais crea outra cita festiva máis no calendario anual do concello”, afirma o responsábel do BNG, Carlos Díaz.


Un selo de calidade e convenios para dar saída ao produto

O BNG fala tamén de crear un selo de calidade ‘Millo de Aranga”, a semellanza de experiencias similares en Galiza, asociadas por exemplo á produción de aceite de oliva.


“A creación por parte do Concello dun selo de calidade “Millo de Aranga”, ten un duplo propósito: por un lado, impulsar e dignificar a produción dunha variedade de millo autóctona aranguesa, moi resistente á seca e moi produtiva e por outro lado, funcionar como unha marca rexistrada, co obxectivo de controlar a produción e a orixe do millo, evitando as fraudes”.


O selo de calidade, engaden no BNG, será un aval para o millo e os produtos derivados con orixe aranguesa e unha base para o seu maior recoñecemento, co obxectivo último de lograr a consideración de produto con indicación Xeográfica Protexida. O BNG prevé ademais impulsar desde o goberno axudas para a produción da variedade autóctona e promoverá a sinatura de acordos con panaderías de concellos limítrofes, sexa para lles vender a fariña milla, sexa para a elaboración das sobremesas e broas.


“Na gastronomía de Galicia, hai unha serie de produtos moi coñecidos e celebrados. Por que non colocar nesta listaxe o millo de Aranga?”, pregúntase o responsábel nacionalista Carlos Díaz.


“Trátase de aproveitar os recursos xa existentes, para crear sinerxias entre concello, sectores produtivos e hostalaría e conseguir entre todos e todas que o millo de Aranga sexa un motor máis ao servizo da dinamización económica do concello”, conclúe Díaz.

En definitiva, a proposta do BNG conxuga economía produtiva e turismo, patrimonio  material e inmaterial, formación e recuperación do coñecemento colectivo sobre unha variedade de millo autóctona, e aposta por un recurso local exclusivo de Aranga, que  será aproveitado economicamente a partir do apoio do goberno á produción de millo e o sector da hostalaría, impulsando o turismo gastronómico e cultural en Aranga.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....