Trasladamos ao goberno municipal esta información para que se xestione a súa retirada e, sobre todo, queremos facer máis unha vez un chamado ao civismo e a coidarmos entre todas e todos o que é de todas e todos.
Existe un punto limpo no noso concello que é o lugar a onde hai que levar este tipo de residuos, que conta ademáis cun servizo de recollida para aquelas persoas que non poidan ou non queiran achegarse ata el. Respectemos e coidemos o que é de tod@s dice Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha