Información
A Coruña

Tarde,mal e arrastro a Deputación de A Coruña apoia as reivindicacións de SOS Sanidade Pública contra os recortes en sanidade

Información
02 Febrero 2019 379 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Deputación da Coruña apoia as reivindicacións de SOS Sanidade Pública contra os recortes en sanidade

O pleno da Deputación da Coruña probou hoxe, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, que argumentou "unha utilización política da sanidade", unha moción de apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública contra os recortes no sistema sanitario público de Galicia e animando á cidadanía a participar na manifestación en defensa do dereito a un sistema público de atención sanitaria de calidade convocada para o vindeiro 10 de febreiro en Santiago de Compostela.

 

Os portavoces dos diferentes grupos, agás o PP, denunciaron os sucesivos recortes que está a experimentar a sanidade pública en Galicia e mostraron o seu apoio ás reivindicacións da plataforma, integrada por profesionais da sanidade

O texto da moción incide en que os servizos de Urxencias, PACs e Atención Primaria son o ámbito da sanidade que está a sufrir con maior intensidade os progresivos recortes orzamentarios que se están levando a cabo dende o Goberno galego, "cun recorte orzamentario acumulado de 2.188 millóns de euros menos dende o ano 2009".

Neste sentido, o texto refrendado polo pleno provincial afirma que se está a producir un "evidente deterioro do sistema sanitario galego, que ten como consecuencia a masificación das consultas, a redución de profesionais ou o aumento das listas de espera", que xeran unha preocupación unánime entre sindicatos, colexios profesionais, plataformas sanitarias e doentes, "polo que demandan a rectificación por parte da Xunta de Galicia no que ten que ver coa política privatizadora dos sistema sanitario público galego".

Otros articulos relacionados.....